Notas de prensa

Entregadas as Medallas Castelao, calificadas como símbolo dun país

A Fundación Érguete, o semanario A Nosa Terra e a editorial Hércules de Edicións, foron os galardoados na edición de 2007.

“Para min, como presidente da Xunta de Galicia é un deber especialmente grato presidir un acto coma este, de grande alcance simbólico, no que se escenifica o recoñecemento de Galicia a persoas e institucións que contribuíron ao engrandecemento do país, que fixeron do servizo á sociedade o seu norte e a súa guía”. Estas son as palabras do titular do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, durante o acto de entrega das Medallas Castelao celebrado esta mañá no claustro de San Francisco, que nesta edición recoñeceron o labor realizado pola Fundación Érguete-Integración, pola cabeceira xornalística A Nosa Terra e pola editorial Hércules de Edicións.

Na súa intervención, o máximo mandatario autonómico salientou que as Medallas Castelao se erixen como expresión de recoñecemento e tamén de gratitude social e referiuse a elas como “símbolo dun país que quere recoñecer e sabe distinguir as iniciativas que o fan cada día mellor, máis libre, máis xusto e máis próspero”. De aí a “vontade” do Goberno que preside de fortalecer, ano tras ano, “a dimensión social e institucional deste acto”, “conscientes –engadiu-, de que todas as sociedades necesitan e demandan exemplos de excelencia na loita e na entrega por unha Galicia mellor”.

Castelao e a Galicia como tarefa común

“Tampouco é asunto casual nin menor que estes galardóns leven o nome de Alfonso Rodríguez Castelao”, aseverou Pérez Touriño, lembrando que ningún outro nome da Galicia moderna logrou concitar na súa figura unha dimensión simbólica “tan rica e plural, tan chea de matices e tan inequivocamente presidida por un intenso, tenaz e indestrutible amor a Galicia”.

“Que estas medallas se entreguen baixo a advocación e o exemplo de Castelao significa tamén que a figura do escritor, artista e político rianxeiro é un dos emblemas capaces de facernos pensar en Galicia como unha tarefa común na que cabemos todos, como unha obra colectiva á que todos e cada un dos cidadáns e das cidadás pode e debe achegar o seu particular e enriquecedor contributo”, subliñou.

Na súa intervención, Emilio Pérez Touriño indicou que os tres galardoados coas medallas nesta edición –a Fundación Érguete-Integración, A Nosa Terra e Hércules de Edicións-, constitúen unha proba “da capacidade dos galegos para abordar proxectos que transcendan as iniciativas estritamente individuais” e unha demostración da “vitalidade da sociedade civil galega” nos ámbitos da comunicación, dos grandes proxectos editoriais e do traballo social a favor dunha sociedade máis xusta e integrada.

Cambio da consideración social do problema da toxicomanía
De Érguete, o presidente galego subliñou a “durísima batalla” que emprendeu contra a drogadicción e contra os efectos que esta conleva en canto ao deterioro da saúde, a destrución familiar e a marxinación social. “O abnegado traballo de Érguete non se desenvolveu só nos despachos, senón tamén nas rúas, nos xulgados, nos centros de saúde, nos cárceres”, engadiu Touriño, sinalando que, desde que se constituíu en Fundación, moitas familias e toxicómanos atoparon nela “unha luz de esperanza, unha axuda para seguir loitando e un brazo forte e seguro no que se apoiar nos momentos de desánimo e desfalecemento”. “Érguete conseguiu que se fixese xustiza. Conseguiu cambiar a consideración social do problema da toxicomanía”, sinalou.

Na súa intervención, o xefe do Executivo autonómico quixo referirse especialmente a Carmen Avendaño, que se converteu “en símbolo”, nunha “muller valente, nunha nai coraxe e nunha heroína de verdade”, a “voz insobornable, e incansable loitadora” que durante todos estes anos conseguiu facer de Érguete un movemento “poderoso e vivo, dotado cunha extraordinaria forza moral, capaz de inducir cambios lexislativos, de animar a confección de programas gobernamentais de loita contra o narcotráfico e de sensibilizar á sociedade en relación con este crime e as súas vítimas”, concluíu.

A Nosa Terra, parte importante da prensa galega

Do segundo dos galardoados coa Medalla Castelao, A nosa Terra, que apareceu por primeira vez hai cen anos, Pérez Touriño remarcou que conseguiu converterse en cabeceira xornalística de referencia da prensa escrita en lingua galega, dar os pasos necesarios para a súa modernización profesional e temática, e introducir nas súas páxinas voces plurais, “non sempre coincidentes coa súa liña editorial”.

Así mesmo, salientou que entre os anos 1916 e 1936 pasaron polas súas páxinas persoeiros tan importantes como Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Manuel Lugrís Freire, Xoán Vicente Viqueira, Xosé Filgueira Valverde, Roberto Blanco Torres, Xaime Quintanilla, Alexandre Bóveda ou o propio Castelao.

Hércules de Edicións

O titular do Goberno autonómico cualificou a Hércules de Edicións como “unha das nosas principais empresas culturais”, capaz de facer do libro “un motor xerador de riqueza e de postos de traballo”. Pero, sobre todo, destacou o feito de que fose capaz de poñer en marcha “esa arriscada e espléndida iniciativa editorial, hoxe presente en miles de fogares galegos, que todos coñecemos como o Proxecto Galicia”.

“O gran mérito do Proxecto Galicia porén, non está tanto en ter chegado recentemente con éxito aos 50 volumes que aínda van ter continuidade, como no feito de que un home, un emprendedor, Francisco Rodríguez Iglesias, fose capaz de atreverse a converter o seu soño nunha vizosa realidade”, engadiu Touriño lembrando que Rodríguez é o líder “dun gran proxecto colectivo” xa que unha obra como o Proxecto Galicia non sería posible “sen capacidade para aglutinar, convocar, dirixir e compartir”.

Amor por Galicia

O presidente da Xunta rematou a súa intervención agradecendo ás tres entidades distinguidas coas Medallas Castelao 2007 que, “desde esta pequena terra souberan decatarse de que a comprensión da grandeza do mundo empeza sempre por entender a grandeza da propia terra”.

“Quero, sobre todo, agradecervos a vosa contribución sobranceira a esa grandeza. Desde os proxectos colectivos, desde a fe nos propios soños, desde a loita pola xustiza. Sempre desde o amor a Galicia. Velaí o ronsel tracexado por Castelao no que vós inscribides desde hoxe os vosos nomes e as vosas obras”, concluíu.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-06-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información