Notas de prensa

O semanario A Nosa Terra, gañador do VI Premio Ramón Piñeiro Facer País

Deuse a coñecer o fallo do xurado deste certame convocado pola Asociación Cultural Val de Láncara que destaca a traxectoria da publicación desde os seus inicios en 1907.

A Asociación Val de Láncara, representada por Carlos López Sierra –secretario-, presentou no CIP o resultado das votacións do Xurado do VI Premio Ramón Piñeiro “Facer País”, en compañía do Alcalde de Láncara, Darío A. Piñeiro; Aníbal Piñeiro, irmau de Ramón Piñeiro; Xesús Tourón, representante das Asociacións Culturais da Comarca, e de Xurxo Rodríguez Lorenzo, director do Colexio Público “Ramón Piñeiro”.

A votación do Xurado deu como resultado que sexa o semanario “A Nosa Terra” quen este ano, sexa quen de gañar o Premio Ramón Piñeiro “Facer País”.

Acta da Xuntanza do Xurado:

VI PREMIO RAMON PIÑEIRO “FACER PAIS”

Na Casa de Láncara, o día vintese de agosto de 2007, reuníronse, previa convocatoria formal, para procederen á correspondente votación entre os candidatos propostos para a obtención do SEXTO PREMIO “RAMON PIÑEIRO LÓPEZ” de “FACER PAÍS”, as seguintes persoas:

- Manuel Fernández Arrojo, pola Asociación VAL DE LANCARA.
- Esther Carro Vázquez, pola Asociación O NOSO LAR, de Pobra de San Xiao-Láncara.
- Iago Bande, pola Asociación ALPENDRE de Pobra de San Xiao-Láncara.
- Xurxo Rodríguez Lozano, polo Colexio Público Ramón Piñeiro de Pobra de S. Xiao-Láncara.
- Celestino Rodríguez, en representación do Concello de Láncara.
- Xesús Vila Tourón, pola Sociedade Cultural e Recreativa LA UNION e CLUB UNESCO, de Sarria.
- Xosé Recimil Tábora, pola Asociación MUIÑEIRA de Sarria.
- Alba María López López, pola Asociación ARCAS e IRMANDADE SARRIA-GUERLEDAN, de Sarria.
- Julio Páramo López, polo Clube TEIXO de Sarria.
- Milagros Núñez Pérez, pola Asociación PELERIÑOS de Sarria.
- Jaime Félix López Arias, pola Asociación FORO XURIDICO SARRIAO “DIEGO PAZOS” de Sarria.
- Elvira Pallares, pola Asociación SARRICANTA de Sarria.

Actuou como Secretario de actas, o da Asociación convocante, Carlos S. López Sierra.

Aberto o Acto, fíxose relación das corenta e dúas candidaturas polas diferentes asociacións culturais galegas, con expresión dos méritos alegados polos respectivos presentadores.

Efectuada a votación, entre todas as candidaturas formalizadas, resultou ser premiada A NOSA TERRA, porque esta cabeceira xornalista, desde 1907, e por riba das dificultades e atrancos derivadas das continxencias políticas, sociais e económicas, mantivo sempre, mesmo dende o exilio, a defensa da identidade nacional de Galicia, sendo referencia activa e constante no proceso de difusión, normalización e xeralización do noso idioma escrito, plataforma onde confluiu ao longo dos anos o labor e compromiso coa Terra dos máis activos forxadores e defensores da súa identidade, sendo moitos deles víctimas da represión por causa do seu posicionamento a prol de Galicia. E tamén porque, adaptándose aos tempos, e a traverso dun proxecto editorial ambicioso e da presenza nas novas redes de difusión, contribúe de maneira destacable á recuperación da nosa memoria social.
Todos os presentes manifestaron a súa satisfacción pola designación acordada e facultan a “Asociación Cultural VAL DE LANCARA”, para que llo dea a saber á entidade premiada, a mayor brevidade, e programe os actos de homenaxe e entrega de galardón.
E non habendo máis asuntos que tratar levántouse a reuníon, e eu secretario certifico.

Asociación Cultural Val de Láncara / Club Internacional de Prensa , 2007-08-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información