Notas de prensa

A conselleira de Pesca intervén na clausura do XI Congreso Nacional de Acuicultura

Texto íntegro da intervención da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, Carmen Gallego:

Alcalde de Vigo,

Ministra de Agricultura e Pesca,

Presidente do Comité Organizador do Congreso,

Director Xeral de Caixanova,

Participantes do Congreso Nacional de Acuicultura,

En primeiro lugar teño que darlles a miña noraboa polo intenso traballo realizado durante os últimos catro días nas diferentes sesións do Congreso. Creo que o principal resultado deste encontro,a conclusión común a todas as sesións de traballo, é precisamente a necesidade de seguir avanzando na investigación aplicada ao desenvolvemento da acuicultura, para garantir un crecemento sustentable do sector.

Neste sentido, quero mostrar a miña satisfacción porque estou convencida de que as empresas, os centros de investigación, as universidades, os organismos da administración estamos mellorando substancialmente a nosa capacidade de colaboración para a posta en marcha de liñas de investigación que respondan ás necesidades do sector da acuicultura. De feito, un dos principais méritos deste Congreso, dende as súas primeiras edicións, foi facilitar unha plataforma para o trasvase de coñecemento entre as empresas e a rede investigadora.

Como xa indicou o presidente da Xunta de Galicia na inauguración do Congreso, un dos obxectivos prioritarios da administración galega é acadar unha maior aproximación entre as empresas e os centros de investigación, como elemento dinamizador e modernizador da sociedade. Queremos implicar ao sector privado no desenvolvemento dunha investigación aplicada baseada no intercambio de coñecemento e de tecnoloxía entre as empresas e os investigadores. No caso da Consellería de Pesca esta prioridade traduciuse nunha inversión, en 2007, de casi 2 millóns de euros en accións de investigación e convenios con empresas e entidades.

Nos últimos anos potenciamos o traballo conxunto coas empresas. Pero o avance da investigación en acuicultura esixe a colaboración no desenvolvemento de proxectos comúns con outras comunidades autónomas. E os grupos de investigación galegos están participando activamente nos proxectos de ámbito nacional promovidos dende a Junta Asesora de Cultivos Marinos. De feito, Galicia lidera en 2007 o reparto de fondos dos Planes Nacionales de Acuicultura, con 747.000 euros.

Desde Galicia participamos en liñas de investigación e de interese mutuo con grupos de investigación de moitos países. No resto de Europa, estamos desenvolvendo proxectos, no marco do programa da zona atlántica INTERREG e no VI Programa Marco da UE, con Irlanda, Francia, Portugal, Países Baixos... En Iberoamérica contamos con convenios de colaboración con universidades e entidades vencelladas á investigación de Chile e Venezuela, que inclúen accións formativas e de capacitación no ámbito da acuicultura.

En definitiva, gracias ao traballo que estades realizando os investigadores desde as empresas, os centros de investigación ou as universidades, estanse acadando grandes avances no desenvolvemento dunha acuicultura sostible, que contribúa á seguridade alimentaria ademais de a creación de empregos. Quero que teñades a certeza de que dende a administración valoramos o voso esforzo e traballamos para intensificar o noso apoio ás redes de investigación, tanto no que se refire a infraestruturas como a medios humanos.

A miña noraboa á organización do Congreso e, en especial, ao presidente do Comité Organizador, Antonio Cerviño polo traballo realizado.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2007-09-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (reyes_magos_carroza_melchor.jpg) Las cuatro provincias gallegas celebran la festividad de Reyes. Melchor, Gaspar y Baltasar, gracias a su "mágico talento", visitaron simultáneamente los pueblos y las ciudades de A Coruña, Ourense, Lugo y Pontevedra, repartiendo ilusión, caramelos y regalos entre los niños.
Foto de la tercera plana (lolita_portada_madre.jpg) Lolita, Pitingo -con su espectáculo Soulería- o Niña Pastori son algunos de los artistas que actuarán este año en A Coruña dentro de la programación cultural que ofertará Caixa Galicia en el Teatro Colón. Esta programación incluirá desde música y danza hasta un ciclo de zarzuelas, teatro, cine infantil y el espectáculo El Libro de la Selva.

Notas

Os artesáns e obradoiros artesáns interesados en participar deberán presentar as súas candidaturas entre o 1 e o 18 de abril de 2009 na Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.
A USC, a través desta oficina, coordina o aloxamento en familias compostelás dos estudantes extranxeiros que participan nos cursos internacionais tanto en verán coma no resto do ano.
AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Outro triunfo de Internet : Internet, coa forza imparable que ten este medio, ven de absorber e facer de...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información