Notas de prensa

Presentado o portal www.galiciaparaelmundo.com

A Xunta anuncia a sinatura dun convenio coa produtora Portico para subministrar o programa ás televisión locais estatais. Destaca que a nova web supón un salto cualitativo de enorme importancia no que se refire á proxección de Galicia no mundo.

O secretario xeral de Comunicación, Fernando Salgado, salientou “o carácter indiscutible de servizo público” do novo portal de Galicia para el mundo, www.galiciaparaelmundo.com. Fernando Salgado destacou na presentación da web que o programa Galicia para el Mundo “é moito máis que un programa de televisión, é como unha fiestra aberta ao mundo, unha conexión continúa a través do audiovisual, unha placenta de imaxes que une aos galegos espallados por todos os recantos do planeta a través da canle internacional de Televisión Española e da canle internacional da Televisión de Galicia”.

Na súa intervención, explicou que a lonxevidade e permanencia do programa responden a dous feitos, dunha banda, a extraordinaria audiencia da que goza a emisión e, doutra, o carácter indiscutible de servizo público do programa o cal, segundo resaltou, xustifica o continuo apoio da Xunta de Galicia a esta iniciativa.

Presenza nas televisións locais

Neste sentido, anunciou que a Secretaría Xeral de Comunicación e a produtora creadora da iniciativa, Portico, veñen de asinar un acordo para que o programa Galicia para el Mundo “poida ser subministrado a calquera televisión local de calquera parte de España que o solicite previamente”. Este acordo vai redundar, tal e como explicou o secretario xeral, nunha maior difusión do programa e responde, a unha demanda das televisión locais non só de Galicia senón de Cataluña, Andalucía e outras partes de España.

Proxección de Galicia no mundo

Coa posta en marcha do portal dixital, destacou que se asiste a “un salto cualitativo de enorme importancia no que se refire á proxección de Galicia no mundo”. Así, sinalou que a produtora creadora do proxecto aproveita as posibilidades que abre a sociedade da información e que ofrece concretamente a rede de redes “para agrandar esa fiestra aberta ao mundo orixinada coa posta en marcha do programa”.

Así mesmo, o secretario xeral de Comunicación subliñou que coa páxina web “se inicia unha nova etapa onde se abren novas pantallas de difusión ademais da de televisión a través da internet”. Destacou que se trata dunha páxina que vai funcionar baixo demanda, de xeito que, tanto os galegos residentes no exterior como calquera interesado, poida escoller a hora de emisión e os contidos que lle interesen.

Ademais, salientou a importancia de que a páxina incorpore un apartado de servizos para cubrir as necesidades de información que teñen os cidadáns galegos residentes no exterior. Neste sentido, referiuse ao apoio da Asociación Galega para o Comercio Electrónico de Calidade “que vén a corroborar o campo de oportunidades que se abren con esta ferramenta de difusión e promoción dos produtos galegos no exterior”.

Xunto ao secretario xeral de Comunicación, participaron no acto de presentación do portal, o produtor executivo da web, Lois Andrade, o director da empresa xestora do portal e presidente da Asociación Galega para o Comercio Electrónico de Calidade, Carlos González, así como un dos produtores do programa, Moncho Varela.

Referente no exterior

Desde a produtora destacaron que o programa constitúe un referente na comunidade galega e hispana no exterior. Explicaron que a súa creación responde á necesidade de divulgar Galicia no exterior a través da internet, por ser este o sistema que máis posibilidades ten a nivel global. Así mesmo, incidiron en que se trata dun produto audiovisual “intelixente e de país” que se adapta ás necesidades do novo mercado audiovisual no mundo.

Características da páxina

Lois Andrade explicou que a web presentada hoxe é unha páxina de servizos con capacidade de personalización. Destacou o sistema de noticias que incorpora, así como o de vídeos. Así mesmo, explicou que a páxina se rexe pola filosofía do programa que da lugar á creación de redes de carácter colaborativo. A intención, destacou, é dar cabida ás redes sociais da Galicia exterior mediante ferramentas como os blogs.

A páxina incorpora ademais para o mellor coñecemento da comunidade un moderno sistema de información xeográfico que permite a procura dos máis variados recursos de información sobre Galicia. A páxina engade unha sección con noticias sobre a comunidade, unha guía de Galicia Exterior e unha base de datos de centros galegos.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia, 2007-12-20

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información