Notas de prensa

Pesca presenta ás grandes compañías de distribución a marca PescadeRías

As cadeas de comercialización presentes figuran Gadia, El Corte Inglés, Eroski e a Asociación de Cadeas de Supermercados asistiron á presentación desta marca de calidade para os produtos da pesca de baixura.

A Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, Carmen Gallego Calvar, e o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca, José Manuel López Rodríguez, mantiveron unha xuntanza de traballo con representantes das grandes compañías de distribución españolas, co fin de presentarlles a marca de calidade PescadeRías, de onde se non? que está a impulsar o departamento de Pesca e para poder coñecer de primeira man a súa opinión sobre esta iniciativa. Entre as cadeas de comercialización presentes nesta reunión atopábanse Gadisa, El Corte Inglés, Eroski e a Asociación de Cadenas de Supermercados (ACES).

Os asistentes ao encontro manifestaron a súa satisfacción
pola marca de calidade que está a piques de pór en marcha a Consellería de Pesca. Así mesmo, trasladáronlle á Conselleira e ao director xeral o seu desexo de apostar, de forma contundente, por “PescadeRías, de onde se non?” por dous motivos claros: pola diferenciación que vai supoñer a orixe do produto e porque as propias cadeas de distribución poderán ser certificadoras da marca sempre que sigan os pasos necesarios e cumpran coas especificacións requiridas para a acreditación das entidades certificadoras.

A Conselleira de Pesca pola súa parte adiantoulles aos representantes das distribuidoras que a posta de largo de “PescadeRías” terá lugar na primeira quincena de febreiro coa presentación da campaña publicitaria da marca. Carmen Gallego aproveitou para convidar a todos os asistentes ao devandito acto. Así mesmo, explicou que na segunda quincena de marzo verán a luz os primeiros produtos certificados coa marca de calidade “PescadeRías, de onde se non?”.

“PescadeRías”

A marca de calidade para os produtos da pesca de baixura que a Consellería de Pesca está a impulsar e o seu regulamento especifican que só poderán ampararse baixo o distintivo aqueles recursos procedentes da pesca e o marisqueo. Estes deberán ser frescos ou preparados, pero extraídos en augas da plataforma continental situada entre as liñas que marcan a desembocadura do río Miño e do Eo pola frota que sae e entra diariamente no porto e capturados con artes selectivas.

Así mesmo, os criterios que caracterizarán aos produtos amparados pola distintivo de calidade serán primeiramente a súa orixe galega e a súa procedencia da pesca artesanal. En segundo lugar, o tempo de desembarco dende a captura non superior ás 24 horas, e, finalmente, uns estándares mínimos de calidade.

Os grupos de especies amparados pola marca son as algas, moluscos (bivalvos, cefalópodos e gasterópodos), crustáceos, equinodermos e peixes. Deste xeito, quedan excluídos do regulamento os produtos da acuicultura e os da pesca procedentes de auga doce.

Os posibles usuarios da marca de calidade, é dicir, as posibles entidades certificadoras poderán ser: lonxas, centros de depuración/expedición, as cetarias de mariscos e os distribuidores de peixes e mariscos, que teñan as súas instalacións de manipulación ubicadas en territorio galego e que cumpran coas concesións, autorizacións, licenzas ou permisos que lles sexan de aplicación segundo as disposicións legais vixentes que regulan a súa actividade.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos da Xunta de Galicia, 2008-01-31

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información