A Cofradía del Capón de Villalba que preside o avogado vilalbés en Madrid, Domingo Goás Chao, celebrou unha das súas degustacións na capital lucense, á que asistiron unha vintena de destacados lucenses da política, avogacía, medios de comunicación e empresa.
A degustación tivo lugar no restaurante Mesón de Alberto, correndo o menú a cargo do cociñeiro Alberto García, que preparou o exquisito capón vilalbés ó xeito tradicional e ó seu propio estilo nun prato de creación que foi loubado por todos os asistentes.
No mesmo acto, o avogado vilalbés Domingo Goás, colocou a banda de cofrade maior a Alberto García.
A "Cofradía del capón de Villalba" é unha asociación sen fin de lucro, creada polo avogado vilalbés co fin de divulgar as excelencias deste prestixioso manxar, que se en tempos estaba reservado exclusivamente para o tempo do Nadal, as técnicas actuais de conservación permiten o seu consumo durante todo o ano. É propósito do rector da Cofradía facer diversas degustacións en A Coruña, Pontevedra, Madrid, así como de novo na capital da provincia de Lugo.
Fotografías: Fernando Rey.
En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

