Notas de prensa

Paula Carballeira e Guillermo Llorca, na Feira do Libro de Ferrol

Os escritores presentaron os seus novos traballos: Boas noites e Ferrol, memoria da vida cotiá. Rosa Aneiros e Rafael Lema pechan as presentacións de libros nesta feira.

A concelleira de Educación, Mercedes Carbajales, indicou que os escritores Paula Carballeira e Guillermo Llorca seon os invitados de excepción desta xornada. Así, a edil recordou que no caso da escritora fenesa, comparece para presentar o seu último traballo “Boas noites”. Un acto no que estará acompañada de tres músicos e que irá precedido dun animado coloquio. Logo diso, Carballeira asinará exemplares das súas obras. Respecto da presenza do escritor e historiador Guilllermo Llorca Freire, a edil avanzou que este acudirá contra das sete e media do serán para dar a coñecer o seu último traballo “Ferrol: memoria da vida cotiá”. Xunto co autor ferrolán participará o editor do libro Miguel Salas.

Asemade, a responsable da organización da feira apuntou que non serán estas as únicas actividades previstas. Ás 10.30 e ás 12 da mañá, Antón Cortizas dirixirá un obradoiro de papiroflexia na Casa do Xadrez para os escolares ferrolás de 5º e 6º de primaria. Xa pola tarde, Loca Motora deleitará ao público infantil coa obra “Carlota e Marieta dan a volta ao planeta”. Mentras, o paseo central do Cantón de Molíns acollerá unha nova xornada de xogos populares, unha acción que vén da man do Clube de Chave Ferrolterra. Finalmente, Mercedes Carbajales anunciou un novo concerto dos alumnos de música do conservatorio. Esto será ás seis e media do serán tamén no Cantón.

Fin de semana

Respecto da fin de semana, a edil de Educación destacou a presenza de escritores da talla de Teresa Moure, Farruco Graña, Rosa Aneiros ou Rafael Lema. Así mesmo, Carbajales lembrou que o programa de actividades contempla maxia, contacontos e mesmo un obradoiro do cómic para os máis novos. Neste senso explicou que o sábado Experimentacultura presentará o seu espectacular contacontos “O pirata contón”. Á unha no Cantón. Pola tarde chegará a maxia á Feira do Libro da man do Mago David, que comezará o seu espectáculo as cinco e media do serán. Unha hora máis tarde, un quinteto de vento e metal formado por alumnos do conservatorio de música amenizarán a xornada. E xa a partir das sete do serán, Teresa Moure participará nesta nova edición da feira co seu traballo “A casa dos Lucarios”. Logo diso, Farruco Graña fará o mesmo co seu libro “O bosque de Nadgor”.

Finalmente, a derradeira xornada desta edición se iniciará cunha sesión de animación á lectura da man de Ramiro e a obra “A haima de Agmed”. Xa pola tarde, os nenos seguirán sendo os protagonistas no obradoiro infantil de cómic dirixido por Didactis. Tamén coa participación da escritora ferrolá Rosa Aneiros, quen asinará exemplares dos seus libros “Os ourizos cachos e o gran río gris” e da obra para un público máis adulto “Ao pé do abismo”. A ela lle seguirá o porteño Rafael Lema coa presentación de “U-49”.

Asemade, a responsable da área de Educación subliñou a boa acollida dispensada polo público ás actividades culturais programadas ao abeiro da Feira do Libro. “Unha oferta multidisciplinar que non se limita á venda de libros como se viña facendo tradicionalmente”. E nesa liña, Mercedes Carbajales indicou que o seu departamento comezará a traballar “de inmediato na seguinte cita” cun obxectivo moi claro: “fomentar a lectura dende a infancia, creando hábitos que perduren no tempo”.

Por último, a edil lembrou que todos aqueles que merquen un libro contarán cun desconto nos prezos habituais do 10%, así como que dende a Federación Galega se achegará un importante continxente de libros para sortear a diario entre os compradores.


Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2008-04-25

Actualidad

Foto del resto de noticias (jornada_apyo_empresas.jpg) En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
Foto de la tercera plana (expo_as_nosas_palabras_mund.jpg) La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

Notas

A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.
A Xunta posiciónase cos gandeiros e asegura traballar a fondo para salvar as dificultades e conseguir unha estabilidade para o sector leiteiro, considerado estratéxico para Galicia. Pide a activación de medidas concertadas na UE.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información