Notas de prensa

Galicia y Norte de Portugal trabajan en un proyecto europeo de mejora de la calidad del empleo

Casi un millón de euros es la financiación del proyecto de empleo transfronterizo por el que se garantizan los derechos de los trabajadores. Autoridades lusas y gallegas elaboran un plan de acción conjunto.

O conselleiro de Traballo, Ricardo Varela, anunciou que Galicia e Norte de Portugal colaborarán no proxecto europeo Accept, de Apoio á Competitividade e á Calidade do Emprego Transfronteirizo. O plan desenvolverase nos anos 2009 e 2010, no marco do Programa Europeo de Cooperación Transfronteiriza España-Norte de Portugal 2007-2013, que contará cunha financiación global de preto dun millón de euros.

O conselleiro explicou que o obxectivo deste proxecto será favorecer a competitividade das empresas e fortalecer os requisitos da responsabilidade social empresarial (RSE) nas formas de traballo transfronteirizo, a través de actuacións inspectoras, de análise e de coordinación entre institucións de Galicia e Norte de Portugal. No proxecto participan como socios, ademais da Consellería de Traballo, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Instituto do Emprego e Formación de Portugal-Delegación Norte, engadiu.

Ricardo Varela avanzou a posta en marcha deste plan con ocasión da reunión de traballo sobre os dereitos dos traballadores transfronteirizos que comezou hoxe ás 10,00 horas e na que están a participar as autoridades laborais de Galicia e Portugal, xunto cos respectivos corpos da Inspección de Traballo, así como representantes das correspondentes organizacións sindicais e empresariais. O obxectivo do encontro, que se desenvolve no Mosteiro de San Clodio, é adoptar un plan de actuación para reprimir as actuacións infractoras, mellorar a coordinación da vixilancia e control dos dous países e definir un plan de actuación concreto conxunto.

Obxectivos principais do encontro

De feito, Varela subliñou que “o obxectivo fundamental” da reunión é “concretar unha planificación programada con cuantificación de actuacións e determinación de visitas conxuntas das dúas inspeccións en cada unha das provincias galegas”.

“O outro grande obxectivo”, dixo, “é realizar un seguimento polo miúdo da evolución das medidas de prevención de riscos laborais existentes nas obras de infraestruturas deste colectivo de traballadores, intensificando, máis aínda se cabe, o Plan de Actuación de Grandes Obras de Construción que estamos a desenvolver dende o ano 2007, con equipos especializados constituídos por inspectores de traballo e técnicos do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) en toda Galicia”.

O máximo responsable da Xunta en materia laboral advertiu de que o Goberno galego aplicará “a máxima de tolerancia cero” con “calquera tipo de prácticas que vulneren dereitos dos traballadores que, sexan de onde sexan, desenvolvan o seu traballo remunerado no noso país”. Asemade, prometeu “inflexibilidade” ante este tipo de situacións, que serán perseguidas “tanto no eido administrativo coma no penal”.

Controis de tráfico

O conselleiro de Traballo explicou que as actuacións que se deriven da reunión interadministrativa de hoxe serán complementadas “cunha vía de colaboración permanente, a través da Delegación do Goberno central en Galicia, para controlar nos pasos transfronteirizos o fluxo de traballadores desprazados en ambas as dúas direccións”.

Varela considerou que “é un feito constatado que a superposición de lexislacións facilita a aparición de situacións fraudulentas”. Ao seu xuízo, a intensa relación económico-laboral que se produce entre Galicia e Norte de Portugal fai necesario un plan de actuación das inspeccións de traballo e autoridades laborais respectivas “propio e con vocación de permanencia, que conte ademais co respaldo e contribución dos empresarios e sindicatos galegos e portugueses máis representativos”.

O titular de Traballo resaltou que a situación que afecta a moitos traballadores está derivada de cuestións laborais que teñen relación directa con posibles fraudes á Seguridade Social, condicións salariais transgresoras do estipulado no convenio colectivo aplicable; posibles excesos de xornada; falta de medidas de seguridade e saúde laboral suficientes e, por suposto, indicios da existencia de emprego irregular e economía somerxida”.

Por último, Ricardo Varela trasladou ás autoridades e representantes de entidades participantes o agradecemento pola súa asistencia, que permite “cumprir así o compromiso que nos marcamos na reunión do ano pasado en Baiona, incorporando a participación do Ministerio de Traballo e Inmigración e dos axentes económicos e sociais de ambos os dous territorios irmáns”.

Gabinete de Comunicación da Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, 2008-04-29

Actualidad

Foto del resto de noticias (consello_xunta_noviembre08.jpg) Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Foto de la tercera plana (75_anos_cadena_ser.jpg) Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

Notas

La celebración del Día Mundial de los derechos de la Infancia trajo hasta Compostela un Compromiso por la Educación de la mano del coordinador de la Federación Internacional Fe y Alegría. Entreculturas abre una delegación en Santiago.
A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i da Xunta, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información