O Museo do Pobo Galego de Compostela acolleu a clausura de Contos do Camiño, programa para escolares organizado pola Consellaría de Innovación e Industria, a través da S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, en colaboración con OQO Editora. No acto de clausura participou o director xeral de Turismo, Rubén Lois González.
Nesta segunda edición de “Contos do Camiño” participaron máis de 4.500 nenas e nenos de preto de 90 centros escolares de trece municipios galegos en 80 sesións de contacontos. A actividade consistiu en desenvolver sesións de contacontos, plástica e audiovisual para nenas e nenos de Educación Infantil e Primaria para centros de ensino público en localidades situadas nas distintas Rutas Xacobeas, actividades realizadas por OQO Editora.
Traballouse con máis de 90 escolas galegas, en sesións nas que, empregando contos populares de distintos países como fío condutor, os nenos viaxaban a través da música, das palabras e das imaxes polo tempo e polas distintas Rutas do Camiño de Santiago.
Así, explicábaselles aos escolares que os peregrinos, no seu camiñar, traían consigo a lingua, a cultura, a palabra do seu lugar de orixe. E coa palabra viaxaron os contos, memoria viva da voz e das tradicións dos distintos pobos. Nun achegamento intercultural a contos de distintos países, a sesión remataba cunha actividade plástica, na que os rapaces axudaban a elaborar un gran caderno de viaxe e nas que cada aula aportaba unha pedra ao amilladoiro común elaborado por todos os participantes.
Esta actividade pasou por vilas do Camiño Portugués como Redondela; por localidades da Vía da Prata como Ourense; do Camiño Primitivo como A Fonsagrada, Baleira e Castroverde; do Camiño Inglés coma Oroso; do Camiño do Norte como Vilalba e Mondoñedo ou na Ruta de Fisterra-Muxía, como Muxía. O tramo final do Camiño fíxose durante todo o mes de maio en Trazo, Teo, Boqueixón, Rois, Touro, O Pino, Brión e Ames e na sede do Museo do Pobo Galego a onde acudiron os centros de ensino dos arredores da capital galega.
Durante os dous anos nos que leva desenvolvéndose esta actividade, pasaron pola mesma uns 10.000 nenos e nenas de toda Galiza nesta proposta de popularización dos distintos camiños entre a comunidade escolar.
En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

