A Dirección Xeral de Comunicación Audiovisual puxo en marcha esta semana o portal temático da TDT en Galicia, http://www.tdtgalicia.es. Este portal achega información a través da rede tanto de carácter xeral como específica sobre a televisión dixital terrestre e diríxese tanto aos cidadáns como a profesionais relacionados con esta nova tecnoloxía. A través desta ferramenta de consulta, os usuarios poderán coñecer, entre outros, as vantaxes que presenta esta nova tecnoloxía, os pasos necesarios para acceder á mesma ou o progreso do proceso de despregamento da nova televisión na nosa comunidade.
O lanzamento deste portal enmarcase dentro dunha serie de iniciativas dinamizadas levadas a cabo dende a Xunta de Galicia, encamiñadas a asegurar o correcto despregamento da televisión dixital terrestre na nosa comunidade. Así, logo da creación e posta en marcha da oficina técnica de TDT e do primeiro plan piloto de apagamento analóxico a nivel nacional realizado hai uns meses na Fonsagrada, este portal eríxese coma a peza fundamental de consulta posta disposición de todos os usuarios. A iniciativa pretende e trata de dar resposta a todas as necesidades de información que puidesen ter tanto os consumidores coma os axentes involucrados no contorno da TDT (fabricantes, operadores de rede, radiodifusores, etc.)
O portal estrutúrase en catro grandes áreas temáticas:
• Información xeral da TDT, que conterá información de detalle acerca da TDT e das súas vantaxes.
• Consumidores, que explicará cales son os tres pasos básicos que deben tomarse para acceder á nova televisión.
• Axentes, que achegará aos diferentes profesionais relacionados coa TDT de datos de contacto, información acerca da lexislación vixente e demais información de carácter técnico.
• Oficina Técnica de TDT, na cal se ofrecerá unha primeira visión sobre a estrutura da mesma, sobre os obxectivos que nesta se perseguen, e os servizos que presta.
Os contidos presentados en cada un dos apartados do portal WEB evolucionarán progresivamente na medida en que avance o proceso de despregamento da televisión dixital terrestre na nosa comunidade.
Ademais das áreas temáticas comentadas con anterioridade, o cidadán poderá acceder a múltiples apartados coma novas, eventos e destacados relacionados co progreso de dixitalización dos fogares. Estes apartados actualizaranse con frecuencia co obxectivo de manter ao usuario informado de todas as novidades relacionadas coa TDT. Así mesmo, o usuario poderá coñecer de primeira man a data do apagamento analóxico e os días que restan ata a dixitalización do seu concello, así como consultar e dar resposta ás preguntas máis frecuentes no que á TDT se refire.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

