Notas de prensa

A Deputación de Lugo intégrase na Fundación Galicia Europa

A Deputación de Lugo era, ata o de agora, a única das deputacións provinciais galegas que carecía de representatividade no Padroado da Fundación. Con esta adhesión a Deputación de Lugo beneficiarase do futuro Centro de Negocios da Fundación Galicia Europa.

A Fundación Galicia Europa integrará á Deputación de Lugo ao seu Padroado, como membro asociado, logo de que o secretario xeral de Exteriores, Julio Fernández Mato, e o presidente desta institución, José Ramón Gómez Besteiro, así o articulasen no decurso dunha xuntanza de traballo mantida na sede da Deputación. A de Lugo era, ata o de agora, a única das deputacións provinciais galegas que carecía de presenza e representatividade no Padroado da Fundación Galicia Europa, que preside Emilio Pérez Touriño.

Logo da xuntanza, o secretario xeral de Exteriores e o presidente da Deputación coincidiron en destacar a relevancia da adhesión da Deputación de Lugo ao Padroado da Fundación como membro asociado. “Queremos darlle á Deputación a benvida á Fundación porque estamos seguros que, dalgunha maneira, será voceira dos pequenos concellos de Lugo que teñen máis dificultade para participar dos fondos europeos e, polo tanto, a Deputación será un interlocutor privilexiado nesta función”.

Ao tempo, Fernández Mato destacou que a Deputación de Lugo poderá beneficiarse, cando se formalice esta adhesión, das potencialidades do futuro Centro de Negocios que a Fundación Galicia Europa posuirá en Bruxelas. Neste sentido, o secretario xeral de Exteriores considerou tamén que técnicos do seu departamento asesorarán, a partir de agora, á Deputación de Lugo en todo o que ten que ver “con solicitudes de proxectos europeos” para a obtención de fondos que esta entidade queira demandar.

Patrimonio da Humanidade

Ademais, o secretario de Exteriores da Xunta referiuse a Lugo e a súa Muralla, declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, e salientou que se terá en conta a cidade á hora de promover os acordos e convenios que a Xunta ten programados coa UNESCO e que se materializaron na visita do presidente do Goberno galego, Emilio Pérez Touriño, a París, onde tivo ocasión de reunirse co director xeral da UNESCO, Koichiro Matsuura.

Pola súa banda, Gómez Besteiro destacou a importancia que tivo o acto de hoxe, xa que dá continuidade á política iniciada no pasado mes de xullo de “restablecer pontes e volver a falar con administracións e institucións coas que non existía relación”. Neste sentido, o mandatario provincial subliñou que coa adhesión da Deputación á Fundación Galicia Europa sáldase unha débeda que o ente provincial tiña pendente con esta Fundación e coa Secretaría Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia. “A Deputación vai tocar moitas portas e a falar fóra de Galicia. Precisamente, nestes momentos estamos cunha delegación do Concello de Lugo en China. Tíñamos unha débeda pendente e agora soldamos unha relación coa Fundación”.

O titular do ente provincial explicou tamén que a dita adhesión vén propiciada polo interese do Presidente da Xunta en que a Deputación se sume como socia ó igual que xa son o resto das institucións provinciais. “Nós queremos compartir eses foros onde están o resto das Deputacións e a propia Presidencia da Xunta de Galicia. A idea de unir Lugo-Galicia-Europa está presente nesta xuntanza e nos proxectos que faremos a partir de agora”.

Fundación Galicia-Europa

A Fundación Galicia Europa (FGE) colabora con todas aquelas entidades galegas que participan na realización de proxectos no marco de programas de axuda europeos. A colaboración prestada supón un apoio importante para o lanzamento de novas iniciativas e proxectos de interese para Galicia no marco europeo, ademais de contribuír a preparar á sociedade galega para competir polos fondos comunitarios con rexións máis desenvolvidas da UE.

Trátase dunha Fundación sen ánimo de lucro, creada con fin de promover todas as accións que propicien o achegamento entre Galicia e Europa, tendo como obxectivos principais facer de Galicia unha rexión forte no continente, fomentar a participación galega en proxectos europeos, impulsar a influencia dos sectores produtivos galegos na UE e informar e formar á sociedade galega e ás entidades que desexen participar en proxectos europeos.

A FGE creouse no ano 1988. Integrada por diversas entidades públicas e privadas, está vinculada funcionalmente á Secretaría Xeral de Relacións Exteriores da Xunta de Galicia e está aberta á colaboración con outras entidades que persigan os mesmos fins. Coa adhesión da Deputación de Lugo, as catro institucións provinciais galegas figuran como socios desta Fundación.

Gabinete de Comunicación da Deputación Provincial de Lugo, 2008-06-23

Actualidad

Foto del resto de noticias (receta_electronica.jpg) Un total de 45 municipios gallegos dispondrán del servicio de receta electrónica: la Xunta estima que hasta finales de 2008 se emitirán 300.000. El presidente del Ejecutivo gallego destacó que lo «pionero» de este sistema con respecto a los que ya se han puesto en marcha en Cataluña y Andalucía es «su carácter integrado».
Foto de la tercera plana (barquito_amarrado_puerto.jpg) Los profesionales del sector verán reconocidos los buques pesqueros como sus centros de trabajo en la nueva Ley de Pesca. Por otra parte, Mozambique y Pescanova realizarán estudios conjuntos para introducir la acuicultura en el país. La empresa gallega anuncia el comienzo de su producción de tilapia en las instalaciones de Pernambuco (Brasil).

Notas

O contrato da modernización administrativa adxudicouselle á empresa Informática El Corte Inglés que oferta a plataforma eSIGEM utilizada pola Deputación provincial e por outros concellos.
Os dous mandatarios aproveitaron a reunión para abordar iniciativas de cooperación entre Galicia e Namibia. Pesca envía contenedores con equipamento para a fábrica de Omahenene.

Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información