Unha de cada catro caixas de lagostinos está mal etiquetada, segundo se desprende dun estudo realizado no Laboratorio de Hixiene, Inspección e Control de Alimentos (LHICA) da USC no que se analizaron un total de 41 produtos. A investigación, coordinada polo catedrático da USC Jorge Barros e a profesora Pilar Calo, acaba de ser publicada na revista ‘Food Chemistry’ e nela tamén se revela que, aínda que veraz, nun 39 por cento dos casos a información é incompleta.
Barros explica que a diferenciación morfolóxica deste tipo de crustáceos “non é doada nos conxelados” e mesmo resulta imposible en produto pelado, “o que dificulta ter a garantía de que o etiquetado é correcto”. Os erros máis frecuentes son a equivocación no nome científico ou ben que apareza unha soa especie cando o produto contén máis, e viceversa.
A análise fíxose tanto en produto enteiro conxelado como nos procesados onde os lagostinos e gambas son ingredientes de alto valor engadido. Nestes últimos están sen pel e sen cabeza, “facendo máis complicado a súa identificación”, apunta o catedrático. Nas conclusións do estudo tamén se recolle que en España se comercializa unha gran variedade de especies deste tipo de crustáceos.
Novo método de diferenciación
As anomalías danse porque algúns alimentos presentan un etiquetado xenérico sen especificar a especie comercializada, “posiblemente pola falla de métodos fiables de diferenciación”, apuntan os investigadores.
Para solucionar esta situación, os investigadores da USC patentaron un método molecular que permite distinguir máis de 20 especies de lagostinos polo seu ADN mitocondrial. Jorge Barros comenta que esta “pegada dactilar molecular” é un “marcador xenético termoestable, polo que as análises tamén se poden facer en produtos xa cociñados”.
O equipo do LHICA tamén desenvolveu unha técnica específica para diferenciar as dúas especies de máis relevancia comercial, o lagostino tigre e o branco. Procedentes de países centroamericanos e do Sueste Asiático, representan preto do 80 por cento do volume total dos lagostinos de cultivo que se comercializan internacionalmente.
A investigación realizouse en colaboración cun equipo do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC que, dirixidos polo científico José Manuel Gallardo, avanzan hoxe na definición de marcadores proteicos para diferenciar especies á vez que estudan certas proteínas alerxénicas dos lagostinos co fin de deseñar métodos inmunolóxicos para a súa detección.
En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

