25 empresas presentaron propostas para executar as obras de urbanización e electrificación do Parque Empresarial de Pacios-Baamonde, en Begonte. As obras deste parque foron licitadas o pasado abril, por un importe de 21.375.171 € e prevese o seu inicio no segundo semestre deste ano cun prazo de execución de 24 meses.
Neste momento, ultímase o proceso de adquisición dos terreos precisos para o desenvolvemento deste parque mediante expropiación. Ademais, está en proceso de adxudicación a Dirección da obra por 434.207 €.
O Parque Empresarial de Pacios-Baamonde terá unha superficie de 1.062.151 metros cadrados dos que 652.415 serán de uso empresarial, 72.889 uso comercial, social e deportivo, outros 147.890 destinados a zona verde e o resto para vías, infraestruturas, servizos e aparcamentos.
Este parque contará en total con 44 parcelas de gran tamaño, das que 40 serán de uso industrial destinadas a operadores loxísticos dedicados ao movemento de mercadorías. Destas 40 parcelas, 18 terán entre 5.000 e 12.000 metros cadrados, 20 cunha superficie de entre 12.000 e 30.000, unha de 66.263 e 1 parcela de 90.990 metros cadrados.
Precisamente a situación do Parque de Pacios-Baamonde, entre a A-6, a futura Autovía do Cantábrico A-8 e a N-634, é unha das características que o fai especiualmente atractivo para a instalación deste tipo de empresas, que precisan de enlaces coas principais vías de comunicación do país para o transporte das súas mercadorías.
O futuro Parque Empresarial de Pacios-Baamonde está integrado no programa Galiza Suma, xa que se trata dun proxecto estratéxico pola súa situación no país e polo seu carácter de Plataforma Loxística que permitirá a instalación de grandes empresas, co conseguinte desenvolvemento económico e creación de postos de traballo.
Con la intención de que la futura normativa se adapte a las "necesidades" del sector e incluya "alternativas viables" para paliar las consecuencias de la actual situación de crisis económica, el PPdeG enmienda la Ley de Turismo en su totalidad. Denuncia que el texto legislativo propuesto por la Xunta no tiene en cuenta elementos "imprescindibles para la consolidación de Galicia como destino turístico".
El XIII Festival de Cine de Ourense levanta el telón con una gala inaugural que supondrá el arranque para la proyección de 300 filmes y la celebración de actividades centralizadas este año en el Auditorio Municipal de la capital de As Burgas hasta el 18 de octubre.

