Notas de prensa

As comarcas de Santiago, O Sar e Barbanza, zonas de alto risco de concentración de radón en Galicia

Noia acolle o curso de verán Actualización do gas radon como factor de risco ambiental para a saúde humana: implicacións das administracións, dos profesionais e dos cidadáns, no que se darán a coñecer os primeiros resultados do Mapa de Radón de Galicia.

Comarcas como as de Santiago, Barbanza e O Sar presentan unha alta concentración de gas radón, especialmente esta última, o que as converte en zonas de alto risco, segundo explicou en rolda de prensa o responsable do Grupo de Radon de Galicia da USC e profesor da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública, Xoan Miguel Barros. Do mesmo xeito, e á espera de concluír o Mapa de Galicia, todos os municipios da comarca do Deza son de baixo risco, ao igual que a maioría dos da de Noia.

As concentracións de gas radón, segunda causa de cancro pulmonar e primeira en non fumadores, mídense en bequerelios por metro cúbico, comportando alto risco sempre que haxa máis dun 10% de domicilios que superen os 200 Bq/m. Como avanzou na rolda de prensa o profesor Barros, as comarcas do Sar e A Barcala son as que presentan a concentración máis alta de Galicia, con preto do corenta por cento das casas cun índice superior ao establecido como límite.

O Mapa de Radón de Galicia presenta trece comarcas con alto risco de radón, cinco con risco medio e vinte e un con baixo. Á vista dos datos, e á espera da súa conclusión en novembro deste ano, o profesor Barros fixo un chamamento ás administracións responsables nesta materia para que establezan, “ben obrigatoriamente ou ben recomendatoriamente”, unha serie de medidas de cara a corrixir esta situación.

Os cidadáns que desexen que o Grupo de Radón da USC realice unha mediación deste gas nos seus domicilios poden solicitalo, previo pago de 30 euros, a través dos teléfonos 981581237 ou 981563100 extensión 12302.

Curso de verán en Noia

A liña investigadora do Grupo de Radon de Galicia da USC será exposta no curso de verán que baixo o título 'Actualización do gas radon como factor de risco ambiental para a saúde humana: implicacións das administracións, dos profesionais e dos cidadáns’ se celebrará entre o 14 e o 18 de xullo en Noia. Será nesas xornadas cando, entre outras cuestións, se formulen recomendacións, por exemplo, no tocante á construción e ás reformas a realizar nas casas.

De feito, no curso intervirán expertos que achegarán cuestións a ter en conta á hora de construír vivendas, á vista de que, como comentou Barros, os datos presentados se refiren ás vivendas de nova construción, “o que é preocupante” aínda que exista o atenuante de que Galicia “xa é por si mesma zona de alto risco de radiactividade natural”.

Trátase neste curso de revisar o papel da exposición radioactiva máis ubícua e prevalente á que se ve sometida a poboación e que supón o 50 por cento da dose efectiva anual de radioactividade dun humano e esclarecer a importancia da exposición ambiental considerada de alto risco polo Consello de Seguridade Nuclear, ademais de achegar os últimos resultados das investigacións do grupo de investigación da USC acerca da relación entre o gas e o cancro de pulmón, así como os Mapas Comarcais de Radón xa finalizados.

Asemade, mostraranse as normativas e medidas existentes nos países con lexislación sobre o gas e as posibles adecuacións en España e Galicia ás recomendacións das axencias internacionais. As clases, a celebrar na Casa de Cultura Avilés de Taramancos do Concello de Noia, pretenden ser un avance dun futuro curso de especialista da USC dirixido a titulados medios e superiores nas disciplinas implicadas no problema do radon.

Gabinete de Comunicación da USC, 2008-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (hotel_la_toja.jpg) Con la intención de que la futura normativa se adapte a las "necesidades" del sector e incluya "alternativas viables" para paliar las consecuencias de la actual situación de crisis económica, el PPdeG enmienda la Ley de Turismo en su totalidad. Denuncia que el texto legislativo propuesto por la Xunta no tiene en cuenta elementos "imprescindibles para la consolidación de Galicia como destino turístico".
Foto de la tercera plana (festival_cine_ourense_08.jpg) El XIII Festival de Cine de Ourense levanta el telón con una gala inaugural que supondrá el arranque para la proyección de 300 filmes y la celebración de actividades centralizadas este año en el Auditorio Municipal de la capital de As Burgas hasta el 18 de octubre.

Notas

O secretario xeral de Relacións Exteriores e presidente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia presentou o posto médico avanzado que se porá a disposición da ONG Solidaridad Médica para despregar na selva amazónica de Bolivia.
A Xunta de Galicia inviste 10 millóns de euros nos novos dique e contradique que multiplicarán por seis o espazo protexido da actual dársena pesqueira e permitirán atender a demanda de atraques de embarcacións deportivas.

Editorial

Aparcamentos de pago: Velaquí outro aspecto da nosa actualidade que se democratiza. Tiñamos p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información