Notas de prensa

Inaugurado o I Curso de Verán de Antropoloxía

A construción das identidades e a musealización das culturas populares serán os temas centrais do curso de antropoloxía que sevai levar a cabo no Museo Provincial de Lugo.

O vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, inaugurou, xunto con representantes da USC, no museo provincial a I Curso de Verán de Antropoloxía. A construción das identidades e a musealización das culturas populares. Este curso desenvolverase, en sesións de mañá e tarde, entre os días 7 e 11 de xullo. Os principais destinatarios do curso serán: guías e intérpretes de turismo, persoal de museos e estudantes de Humanidades, turismo, Socioloxía, psicoloxía, Filosofía e Ciencias da Educación.

O vicepresidente, Antón Bao, sinalou a necesidade da celebración deste tipo de cursos para que as persoas que teñen como responsabilidade ensinar, restaurar e conservar o noso patrimonio, coñezan en profundidade as súas características e peculiaridades “neste curso conflúen, claramente, dous dos obxectivos marcados polas áreas da Deputación, nas cales ten responsabilidades de goberno a forza política á que represento, que son a posta en valor e conservación do noso patrimonio histórico-artístico e a promoción turística. É moi importante desenvolver accións formativas dirixidas ás persoas que son e serán as encargadas de conservar e promocionar o valioso patrimonio histórico-artísitico galego”.

Antón Bao salientou que a cultura dun pobo se estuda e se analiza, entre outros, a través da antropoloxía, afondando na nosa identidade colectiva, na nosa identidade como pobo e como nación. Antón Bao referiuse, tamén, á importancia de transmitir a propios e visitantes a riqueza do noso patrimonio histórico-artísitico “Tan importante é a tarefa dos que, co voso traballo, recuperaredes e conservaredes pezas arquitectónicas como a laboura dos que transmitides á sociedade as singularidades e valores da nosa riqueza artística”.

13 CHARLAS E VISITAS GUIADAS Á REDE MUSEÍSTICA

Os asistentes a este curso ampliarán os seus coñecementos sobre a antropoloxía con trece charlas que se repartirán en xornadas de mañá e tarde entre o luns, día 7 e o venres, día 11. Ao longo destes días os participantes no curso poderán visitar os diferentes museos da rede museística provincial.

Vítor Otero (Xefe de Gabinete da Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo), 2008-07-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (hotel_la_toja.jpg) Con la intención de que la futura normativa se adapte a las "necesidades" del sector e incluya "alternativas viables" para paliar las consecuencias de la actual situación de crisis económica, el PPdeG enmienda la Ley de Turismo en su totalidad. Denuncia que el texto legislativo propuesto por la Xunta no tiene en cuenta elementos "imprescindibles para la consolidación de Galicia como destino turístico".
Foto de la tercera plana (festival_cine_ourense_08.jpg) El XIII Festival de Cine de Ourense levanta el telón con una gala inaugural que supondrá el arranque para la proyección de 300 filmes y la celebración de actividades centralizadas este año en el Auditorio Municipal de la capital de As Burgas hasta el 18 de octubre.

Notas

O secretario xeral de Relacións Exteriores e presidente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia presentou o posto médico avanzado que se porá a disposición da ONG Solidaridad Médica para despregar na selva amazónica de Bolivia.
A Xunta de Galicia inviste 10 millóns de euros nos novos dique e contradique que multiplicarán por seis o espazo protexido da actual dársena pesqueira e permitirán atender a demanda de atraques de embarcacións deportivas.

Editorial

Aparcamentos de pago: Velaquí outro aspecto da nosa actualidade que se democratiza. Tiñamos p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información