Investigadores de Química Orgánica, Bioloxía e Medicina da
USC, dirixidos polo doutor Eugenio Vázquez e o catedrático José Luis
Mascareñas, desenvolveron un sensor molecular para detectar as
ciclinas A, proteínas que aparecen altamente concentradas en moitos cancros. Mascareñas indica que na actualidade “existe un grande interese” na elaboración de métodos de detección e localización de marcadores tumorais que permitirían o diagnóstico temperá da enfermidade.
O sensor é unha estratexia química que emite luz (fluorescencia)
soamente cando se une á devandita proteína, pero non o fai coas outras no medio celular, sinalizando así a presenza concentrada de ciclinas A.
Aínda que “é cedo para falar sobre a súa aplicación en ensaios
clínicos”, os investigadores advirten da súa posible relevancia
práctica. Isto levou ao equipo a protexer o descubrimento cunha
patente xa que, ademais do interese en relación coa posibilidade de
detectar as ciclinas, o método pode facilitar a creación de novos
fármacos que actúen como inhibidores da actividades desta proteína
directamente implicada na regulación dos procesos de proliferación
celular.
O equipo de investigación
O catedrático destaca que o “éxito do proxecto constitúe un exemplo claro do valor engadido de traballo interdisciplinario” entre grupos con capacidades e experiencias complementarias, neste caso entre un equipo de química e un de bioloxía celular.
O traballo levouse a cabo co apoio do profesor Anxo Vidal, do
Departamento de Fisioloxía da USC, e coa participación da doutoranda do Departamento de Química Orgánica, Elena Pazos, responsable directa da construción experimental do sensor molecular. Tamén destacou a colaboración do profesor Luis Castedo.
Os resultados do estudo publicaranse nunha das revistas internacionais máis prestixiosas do eido químico, o Journal of the American Chemical Society. Resumindo a importancia da investigación, Mascareñas subliña que se trata fundamentalmente dun traballo de ciencia básica, “dirixido a xeración de coñecemento e novos conceptos”, pero con “posibles repercusións prácticas” no ámbito da saúde.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

