O máximo mandatario autonómico, Emilio Pérez Touriño, recibiu de mans da presidenta da Fundación Camilo José Cela, a pluma estilográfica coa que o escritor padronés escribiu a súa última novela, Madera de Boj, ambientada na Galicia mariñeira. O presidente da Xunta reuniuse con Marina Castaño, quen lle fixo entrega da estilográfica personalizada coas iniciais de Camilo José Cela.
Segundo explicou Marina Castaño, a Fundación Camilo José Cela considerou oportuno que a estilográfica estea en mans do presidente de todos os galegos, e non exposta nunha vitrina. Esta decisión, segundo remarcou a presidenta da Fundación, está en plena sintonía co disposto polo propio premio nobel, quen decidiu facer a doazón do seu legado cultural a Galicia, deixando disposto que os bens que o integraban podían ser cedidos a título gratuíto cando isto facilitase o cumprimento dos fins fundacionais.
O presidente da Xunta manifestou o seu agradecemento á Fundación Camilo José Cela e a súa satisfacción por poder asinar documentos oficiais coa estilográfica do Nobel galego.
Marina Castaño, pola súa parte, amosou a súa ledicia porque a Presidencia da Xunta aceptase a doazón da estilográfica, un feito que, segundo indicou, axudará significativamente ao coñecemento da Fundación Camilo José Cela e á divulgación da figura do escritor padronés.
A pluma entregada hoxe ó presidente da Xunta é unha Montblanc Meisterstück personalizada coas iniciais de Camilo José Cela.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

