Notas de prensa

A Asociación de Gaiteiros Galegos coordina as actividades de música tradicional de Vai de Camiño

Cinco grupos de música tradicional actúan en tres concellos da comarca galega de A Ulloa no programa que patrocina o Xacobeo. A AGG conta con máis de 600 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galicia exterior.

Un total de cinco grupos, pertencentes á Asociación de Gaiteiros Galegos, protagonizan pasarrúas e mostras de música tradicional en 3 concellos da comarca de A Ulloa. O sábado 12 de xullo están en Arzúa os grupos de música tradicional Millo Verde (A Coruña) e Castelo de Melide (Melide), os pasarrúas destes dous grupo serán a partir das 11:30 horas pola vila arzuana. O domingo, día 13, a vila de Palas de Rei acolle a actuación de A Requinta Laxeira (Vedra, A Coruña).

A Asociación de Gaiteiros Galegos colabora, por terceiro ano consecutivo, coa S. A. de Xestión Plan Xacobeo na organización das actividades do programa Vai de Camiño. A Asociación de Gaiteiros Galegos é a encargada do asesoramento e coordinación das actuacións de música tradicional que se efectúan dentro deste programa. Segundo o presidente da AGG, Santiago Caneiro Aneiros, “dende a Asociación de Gaiteiros Galegos levamos anos traballando pola dignificación e normalización da nosa música e entendemos que a participación de grupos e solistas nas programacións que se realizan dende as administracións públicas é un xeito de achegar a música tradicional, en condicións dignas, ás vilas e cidades do país”.

A AGG conta neste momento con máis de 600 asociados e asociadas distribuídas por todas as comarcas galegas e na Galiza exterior. A través dos seus asociados a AGG ten presenza na maior parte das asociacións e colectivos culturais que desenvolven actividades en torno á música tradicional no país. A AGG é a entidade asociativa máis representativa e con maior peso específico no tocante á música tradicional en Galiza..

UNHA ASOCIACIÓN CREADA PARA DEFENDER A DIGNIDADE DA MÚSICA TRADICIONAL

A comezos da década dos 70 tiveron lugar en Ortigueira as primeiras xuntanzas de gaiteiros e artesáns coa común preocupación de unificar criterios deste gremio de profesionais. Pero foi o 28 de maio de 1988 cando Antonio X. Castro, Xosé Vicente Ferreirós (membro de Milladoiro), Xosé Fernández Costas, Xosé Álvarez Marías, Ricardo Santos, Xosé Domingos Fuciños, Xoan Dominguez Silvar, Xoán Xosé Fernández forman a primeira Xunta Xestora na que actuaría como presidente provisorio o finado e emblemático gaiteiro de Viascón Ricardo Portela.

As primeiras actuacións desta primeira xunta xestora foron dirixidas a estructurar o que hoxe é a AGG. Creáronse vocalías nas vilas e cidades galegas e comezouse unha campaña de implantación que acadou uns cento cincuenta socios entre gaiteiros, percusionistas, artesáns, musicólogos, investigadores e xente en xeral vinculada ao mundo da cultura galega. Así votaba a andar a única asociación de músicos tradicionais con implantación en todo o país galego.

Asociación de Gaiteiros Galegos, 2008-07-11

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información