Notas de prensa

Ferrol nomea Fillo Predilecto ao impulsor do Himno galego e da RAG

O Teatro Jofre acollerá o acto de recoñecemento a Xosé Fontenla Leal nomeado Fillo Predilecto a título póstumo polo Concello de Ferrol que tamén traballa na conmemoración do 150 aniversario da cidade.

O Concello de Ferrol nomeará Fillo Predilecto a título póstumo a un dos principais promotores e impulsores da Real Academia Galega e precursor do Himno Galego, Xosé Fontenla Leal. Para isto, a corporación reunirase para decidir en sesión plenaria o nomeamento, que se prevé sexa por unanimidade a tenor da Xunta de Voceiros. Na mesma, o alcalde, Vicente Irisarri, avanzou o contido do acto previsto polo Concello no Teatro Jofre en lembranza e sentida homenaxe a Fontenla Leal. Será a continuación do pleno e, nel, xogará un papel destacado a Real Academia Galega (RAG).

Así mesmo, Irisarri tamén aproveitou a reunión da Xunta de Voceiros para informar a tódolos grupos municipais das xestións realizadas ata a data para articular a conmemoración do 150 aniversario da cidade de Ferrol.

Retomando o nomeamento de Fontenla Leal como Fillo Predilecto, o alcalde lembrou esta mañá que a iniciativa partiu dunha moción presentada no mes de agosto polo BNG. Unha moción que recollía o sentir xeralizado da totalidade dos partidos políticos con representación no Concello e que naquel entón se decidiu deixar ao marxe da sesión plenaria de fin de mes para articulala como unha proposta do conxunto do Concello en lugares dunha proposta dun único partido. Así se decidiu en Xunta de Voceiros e así se fixo. Nesta liña, Vicente Irisarri explicaba que, por mor de problemas de dispoñibilidade dos membros da RAG, o recoñecemento se tivera que retrasar ata a data actual. Pero neste tempo, o Concello levou a figura de Fontenla Leal aos centros educativos de Ferrol, onde distribuiu máis de 2.000 unidades didácticas para dar a coñecer entre os máis novos e novas a este ilustre ferrolán.

De tódolos xeitos, o Concello ten previsto celebrar un acto de homenaxe no que xogará un papel destacado a RAG, co seu presidente ao frente, Xosé Ramón Barreiro. Será a xornalista María Pan a encargada de conducir unha gala que inaugurará a tenente de alcalde e concelleira de Cultura, Yolanda Díaz, e que misturará letras e música, a cargo do grupo AD Rem. O membro numerario da RAG, Xosé L. Axeitos, realizará a laudatio, namentras que o alcalde clausurará a cita. Como non podería ser doutro xeito, o Real Coro Toxos e Froles pechará o acto coa interpretación do Himno Galego.

1864-1919

Xosé Fontenla Leal naceu en Ferrol o 12 de febreiro de 1864 e, con a penas dez anos e orfo de nai, emigra a Cuba. Cun decidido carácter autodidacta, en La Habana traballou na industria litográfica. A súa paixón polos libros levouno a reunir máis de 3.000 volumes, dos que boa parte foron doados ao Centro Galego da Habana. En 1986 funda a Revista de Galicia xunto con Secundino Cora García e colabora no Diario de la Marina.

No ano 1905, Fontenla Leal ten unha decisiva contribución na xénese da futura Real Academia Galega, ao fundar a Asociación Iniciadora e Protectora da Academia Galega xunto a Manuel Murguía e Curros Enríquez. Logo sería nomeado académico non numerario desta institución, ocupando os cargos de vogal, vicepresidente e presidente.

Asemade, Fontenla Leal impulsou de xeito definitivo o Himno Galego, con letra de Eduardo Pondal e música de Pascual Veiga, que foi estreado o 20 de decembro de 1907 en La Habana. Finalmente, morre o 5 de decembro de 1919 na capital cubana.

Conmemoración

O alcalde tamén avanzou, en Xunta de Voceiros, algúns detalles dos actos nos que traballan Alcaldía e a Concellería de Cultura para conmemorar os 150 anos de vida da cidade de Ferrol. Uns actos que se celebrarán nos tres últimos meses de ano, xa que non se trata de programar unha cita illada, senón de facer un calendario de actividades á altura da cidade e coa máxima implicación desta.

Son varias as liñas de traballo marcadas. Cobra forza a organización dunha grande exposición que repase a historia destes 150 anos, onde se mostre a evolución da cidade a través de fotografías, cabeceiras de periódicos ou mesmo filmes. Outra das iniciativas plantexadas pasa pola promoción dun ciclo de conferencias onde se produza un intercambio de ideas construtivo en torno ao pasado, presente e futuro de Ferrol. Así mesmo, estúdase a celebración dalgún concerto destacado e o recoñecemento daqueles personaxes singulares que Ferrol deu neste tempo, favorecendo deste xeito a conexión cos cidadáns e cidadás.

En definitiva, o alcalde sinalou que se trata de distintas vías de celebración independentes que se unirán nunha programación participativa e plural.

Gabinete de Comunicación do Concello de Ferrol, 2008-07-15

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información