Notas de prensa

Arqueólogos da USC atopan os obxectos de adorno máis antigos do noroeste peninsular

A investigación do Grupo de Estudo para a Prehistoria do Noroeste da USC analiza a vida dos galegos de hai 16.000 anos na Cova lucense de Valdavara en Becerreá. Os achados refírense a varios elementos de colar feitos sobre cunchas de Dentalium e tamén a un molusco de orixe mariña.

O Grupo de Estudos para a Prehistoria do Noroeste da USC, en colaboración cun equipo da Universitat catalá Rovira i Virgili, atoparon os primeiros obxectos de adorno do noroeste peninsular na Cova de Valdavara, situada no Concello lucense de Becerreá.

Os achados dos investigadores do Departamento de Historia I da USC refírense a varios elementos de colar feitos sobre cunchas de Dentalium e un molusco de orixe mariña, “o que os converte na evidencia máis antiga do adorno persoal no noso país”, segundo explica o responsable da investigación, o catedrático da USC Ramón Fábregas.

Os arqueólogos escavaron nos dous últimos anos unha pequena cavidade kárstica no concello de Becerreá que proporcionara o ano pasado abundantes restos do Paleolítico Superior, logo datados mediante o Carbono 14 nuns 17.000 anos de antigüidade, convertendo a cova no xacemento arqueolóxico do Paleolítico Superior máis antigo de Galicia segundo este método de cronoloxía absoluta.

Ata agora só se coñecía na categoría de adornos nesta área peninsular o colgante pétreo de Férvedes II (Lugo) atribuído, pola súa asociación co conxunto lítico, tamén ao período Magdalenense. En total, xa se levan recuperados sete pequenos Dentalium que se suman aos 31 atopados en toda a Cornixa Cantábrica.

Redes de comunicación e troco

A presenza destes colgantes implica a existencia de redes de comunicación e troco entre o interior das montañas lucenses e a beiramar e pon de manifesto a relación destas comunidades con outras zonas da Cornixa Cantábrica, onde foron atopados Dentalium como elemento de adorno noutros xacementos do Magdalenense inferior e medio (Cueva del Mirón, La Garma, Las Caldas ou Tito Bustillo).

Nesta intervención tamén se recuperaron restos de ferramentas líticas, feitas principalmente en sílex, útiles óseos (puntas de azagaias) e restos de fauna que permiten estudar con profundidade o modo de vida dos poboadores paleolíticos así como a reconstrución da fauna e o ambiente nas cavidades da parte oriental de Galicia hai 17.000 anos.

A intervención, na que tamén participan investigadores estadounidenses da Universidade Estatal de Arizona, desenvólvese dentro do proxecto de investigación do Ministerio de Educación y Ciencia “Ocupacións Humanas durante o Pleistoceno da cunca media do Miño”.

Nesta campaña de verán, na que foron responsables os arqueólogos Manuel Vaquero e Susana Alonso, continúan as sondaxes iniciadas o ano pasado na Cova de Valdavara coa escavación dun nivel adscrito ao Magdalenense.

Gabinete de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), 2008-07-21

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información