Notas de prensa

Chapela imponse con brillantez na XXIV Bandeira Concello do Grove

Náutico de Vigo foi segundo e Samertolameu terceiro na sexta proba da Liga Galega de Traiñeiras: XXIV Bandeira Concello do Grove.

Chapela recibiu un merecido premio ao seu esforzo e conseguiu imporse na sexta proba da Liga Galega de Traiñeiras. A XXIV Bandeira Concello do Grove trouxo consigo a primeira vitoria do equipo de Chapela, o terceiro conxunto que consigue gañar unha bandeira na presente tempada. Náutico de Vigo pagou un erro ao tomar a segunda virada e quedou segundo. Samertolameu, pola súa banda, só puido rematar terceiro. Cuarto foi Rianxo e quinto un dos anfitrións, Mecos.

Ás 11.30 horas deu comezo a competición. C.R. Vilaxoán, C. R. San Felipe, Amegrove C. R., C.R. Coruxo, e C. M. Bueu formaron unha primeira quenda de cinco embarcacións, por ausencia de C.R. Vila de Cangas. Na primeira virada, Amegrove entrou en cabeza, seguido de preto por Coruxo e Bueu. Porén, na segunda, un erro dos grovenses ao tomar mal a baliza, permitiu a Coruxo tomar vantaxe e manter a clasificación na terceira. Finalmente, os coruñeses conseguiron levarse a quenda cun tempo de 22:00,41, seguidos de Bueu, Vilaxoán, Amegrove e San Felipe.

C. R. A Cabana, C. R. Ares, C. R. Puebla, A. D. Esteirana e C. Regatas Perillo foron os seguintes en competir. Esteirana colocouse primeiro na primeira virada, e tras el pasaron Perillo, Puebla, A Cabana e Ares. Cambiaron as tornas por completo coa chegada da segunda virada, na que Ares pasou de pechar a quenda a liderala nunha expectacular remontada. Perillo conseguiu superalo na terceira, pero Ares non estaba disposto a deixar a cabeza: volveron remontar e leváronse a quenda; tras el chegou Perillo e dez segundos despois Puebla. Esteirana e A Cabana quedaron cuarto e quinto respectivamente.

A última quenda do día quedaba reservada para os mellores da Liga. C. R. Rianxo, S. D. Samertolameu, R. C. Náutico de Vigo, C. R. Chapela e C. R. Mecos mostraron a súa calidade nunha regata moi competida. Náutico pasou a primeira baliza en primeira posición e Chapela, Samertolameu e Rianxo entraban xuntos, cunha diferencia dun só segundo. Porén, Chapela soubo aproveitar o erro de Náutico de Vigo, que entrou mal na segunda virada e púxose en cabeza, seguido dos vigueses e dos anfitrións de Mecos. As cousas mantivéronse na terceira e foi no último longo cando Samertolameu fixo un último esforzo para tentar alcanzar aos primeiros. Finalmente, Chapela conseguiu imporse. Náutico de Vigo foi segundo e Samertolameu rematou terceiro. Rianxo rematou cuarto e Mecos cedeu postos para ser finalmente quinto.

Deste xeito, Chapela, cun tempo de 20:58:91, adxudicouse a proba do Concello do Grove.

Incidencias: C.R. Vila de Cangas non participou na XXIV Bandeira Concello do Grove por ausencia por enfermidade de varios dos palexeiros.

DECLARACIÓNS
José Romero ‘Biski’, patrón de C.R. Rianxo: “Quedamos un pouco decepcionados polo resultado da proba; o vento dificultounos a regata. Intentaremos mellorar e recuperar a terceira posición para manternos entre os primeiros”; “Temos un equipo cheo de remeiros xoves, e por iso está custándonos un pouco acoplarnos; agora o noso principal obxectivo e acadar a estabilidade”.

Arturo Abruñedo, adestrador do R.C. Náutico de Vigo: “Non nos foi mal, pero non saiu todo o ben que esperabamos; fixemos un primeiro longo bo, pero o erro na segunda virada custounos caro e non puidemos alcanzar a Chapela”; “Na vindeira regata intentaremos manter o noso posto fronte a Chapela, sen perder de vista a Rianxo e Mecos que veñen apertando nas últimas citas. As diferencias son mínimas”.

David Arosa, patrón de S.D. Samertolameu: “Fixemos unha mala regata; deixamos aire a Chapela e Náutico e o erro custounos bastante caro, aínda foi ben que quedar segundos”; “Temos que crear tensión en regata, hoxe vimos un pouco durmidos e para a vindeira cita imos chegar con ganas de resarcirnos”.

Isidro Freire, patrón de Chapela: “Saímos moi motivados; soubemos manexar a regata, xa que tiñamos o vento en contra na regunda virada e se nos fixo moi duro. Fomos crecendo pouco a pouco e así conseguimos a Bandeira”; “Para a vindeira cita aspiramos principalmente a seguir disfrutando do remo e a intentar subir postos”.

Na clasificación xeral, Samertolameu lidera a Liga, seguido do Náutico de Vigo a cinco puntos e Chapela a oito.

ICE Imaginación, 2008-07-21

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información