Ao acto de apertura asistiron o director xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica do Sistema Universitario de Galicia, Rogelio Conde-Pumpido; as vicerreitoras de Investigación e de Profesorado da USC, María José Alonso e María Dolores Domínguez; respectivamente; a secretaria do centro, Ángela Peñalva; e os responsables do Programa Interuniversitario de Neurociencia das tres universidades galegas.
Logo, o recoñecido investigador internacional e profesor da Universidade estadounidense de Pensilvania Zissimos Mourelatos pronunciou a conferencia ‘Pequenos ARNes reguladores: bioxénese e función’ que presentou a coordinadora do evento, Celina Rodicio.
O resto da sesión matinal centrouse en cuestións de neuroanatomía como os efectos do exercicio físico. No transcurso deste relatorio, o novo investigador Daniel de Sousa mostrou os resultados de comparar o exercicio físico en modelos animais demostrando que “practicar deporte evita o avellentamento neuronal en determinadas partes do cerebro”
Outros científicos explicaron a busca de biomarcadores periféricos en trastornos do estado do ánimo ou o caso de peces cartilaginosos. Tamén se abordaron aspectos de neurofisioloxía entre os que destaca a achega experimental a un proceso de discriminación sensorial ou o estudo dos receptores olfativos en troitas comúns e peixes cebras.
Sesión vespertina
Xa pola tarde, trátanse investigacións de neurofarmacoloxía, neuroxenómica e neuroproteómica e de psicobioloxía e psiquiatría con charlas acerca dos cambios asociados ao avellentamento normal ou análise de compostos activos sobre un receptor de serotonina, entre outras.
Os expertos tamén profundan na hormona do crecemento e a súa relación coa recuperación da parálise de cordas vocais ou nunha investigación sobre o cerebro de lamprea adulta. A clausura ten lugar ás 19:15 horas na Aula Castelao da Facultade de Medicina co coloquio ‘Perspectivas sobre a carreira investigadora en neurociencia, onde estamos e cara onde imos?’.
A xornada celébrase anualmente variando o lugar entre as tres Universidades galegas porque a maior parte dos participantes pertencen ao Programa Oficial de Posgrao en Neurociencias, a través do que se obtén en Galicia o título de Doutor e Master.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

