Notas de prensa

Triunfo para Samertolameu na III Bandeira de Muros

A III Bandeira Concello de Muros, celebrada no peirao de Esteiro e organizada polo Concello e a A.D. Esteirana, deixou un novo recital dos de Meira, que só viron perigar a vitoria nos primeiros longos. Tras eles remataron os vigueses de R.C. Náutico de Vigo e o C.R. Rianxo.

Samertolameu non deu opcións aos seus rivais e volveu levarse a bandeira na oitava proba da Liga Galega de Traiñeiras. A III Bandeira Concello de Muros, celebrada no peirao de Esteiro e organizada polo Concello e a A.D. Esteirana, deixou un novo recital dos de Meira, que só viron perigar a vitoria nos primeiros longos. Tras eles remataron os vigueses de R.C. Náutico de Vigo e o C.R. Rianxo. Chapela, campión a pasada semana, non puido pasar da cuarta posición, unha máis arriba que C. Regatas Perillo.

Ás 11.30 horas deu comezo a competición. C.R. Vilaxoán, C. R. San Felipe, Amegrove C. R., C.R. Coruxo, e C. M. Bueu formaron unha primeira quenda de cinco embarcacións, por ausencia de C.R. Vila de Cangas. Na primeira virada, Amegrove entrou en cabeza, seguido de preto por Coruxo e Bueu. Coruxo, ao igual que pasara na Bandeira do Grove, aproveitou unha baixada de rendemento de Amegrove e tomou vantaxe na terceira virada. Finalmente, os coruñeses conseguiron levarse a quenda, seguidos de Amegrove, Bueu, Vilaxoán e San Felipe.

C. R. A Cabana, C. R. Ares, C. R. Puebla, A. D. Esteirana e C. Regatas Perillo foron os seguintes en competir, na segunda quenda. Perillo saiu forte e marcou o mellor tempo de toda a regata na primeira virada, mesmo mellor cos da terceira quenda. Porén, xa na terceira virada, Esteirana tomou vantaxe, pero foi un simple espellismo, xa que os oleirenses conseguiron levarse a quenda nun bo último longo. Esteirana foi segunda, Ares terceiro, Puebla cuarto e A Cabana quinto.

A última quenda saíron os mellores da Liga. C. R. Rianxo, S. D. Samertolameu, R. C. Náutico de Vigo, C. R. Chapela e C. R. Mecos comezaron a proba cun pouco máis de vento en contra que o resto das embarcacións. Samertolameu púxose axiña en cabeza e Náutico seguíalle de preto; Rianxo, Chapela e Mecos tamén presionaban na primeira virada. Mecos conseguía poñerse segundo na segunda virada, pero pronto Náutico recuperaba a posición e Rianxo os sobrepasaba. Chapela levou a cola da quenda, pero logrou remontar unha posición en detrimento de Mecos no último longo. Finalmente, Samertolameu levouse a quenda, seguido de Náutico de Vigo, Rianxo, Chapela e Mecos.

Deste xeito, Samertolameu, cun tempo de 19:50:50, adxudicouse a proba, e recibiu a bandeira de mans de Laura Eiras, concelleira de deportes do Concello de Muros. Náutico de Vigo mellorou a posición acadada en Poio e foi segundo. Terceiro quedou Rianxo, por diante de Chapela, cuarto, e Perillo, quinto.

Incidencias: C.R. Vila de Cangas non participou na III Bandeira Concello de Muros e anunciou a súa retirada da Liga Galega de Traiñeiras, polo que a partir de agora todas as probas do campionato quedarán constituídas por un total de tres quendas.

DECLARACIÓNS

Ramón ‘Moncho’ García, adestrador de C.R. Rianxo: “A regata podía ter sido mellor; estamos facendo unha boa progesión, pouco a pouco imos mellorando e sentímonos máis cómodos”; “Non tivemos a mesma remada que nas anteriores regatas, temos queintentar acoplarnos mellor”; “En Coruña temos que intentar gañar a Náutico, aínda que está moi forte e será difícil”.

Benito Telesforo ‘Foro’ Abal, patrón do R.C. Náutico de Vigo: “Fixemos unha saída moi boa e as primeiras viradas foron favorables, pero Meira non dá lugar á sorpresa Entón, optamos por manternos e asegurar a segunda praza, aínda que por momentos e pola orientación do campo de regatas chegamos a pensar que optabamos á vitoria”; “A vindeira fin de semana, na Bandeira Teresa Herrera, afrontamos unha regata en mar aberto, unha circunstancia que non se nos dá de todo ben. De todos xeitos, imos chegar á cita con moito optimismo, iso non pode faltar”.

José Ferral, adestrador de S.D. Samertolameu: “Foi unha regata complicada; despois dunha semana con tres probas tres días seguidos, estabamos obrigados a cambiar xente para dar descanso aos demais, e saiu moi ben”; “Na fin de semana tentaremos clasificarnos para a regata Teresa Herrera, pois pode pasar de todo, e iremos a gañar o domingo. Durante esta semana tentaremos recuperar as forzas despois do esforzo da semana: canto máis frescos cheguemos á cita, moito mellor”.

Hugo Pérez, patrón de C.R. Chapela: “Foi difícil, non conseguimos meternos en regata ata o terceiro longo e pagámolo moito”; “Non creo que o feito de participar en tres regatas esta semana afectase ao noso rendemento, Meira e Náutico tamén estiveron no Campionato Galego e onte en Poio e non frouxearon. Ademais, a pasada semana nós fomos a Castropol, cousa que outras embarcacións da Liga non fixeron, e gañamos no Grove”; “A Coruña imos a gañar, unhas veces sae e outras non, pero ante todo temos optimismo; tentaremos recuperar aos dous lesionados destas tres regatas para tentar chegar con máis efectivos á cita”.

Abel Illanes,adestrador de C.Regatas Perillo: “Sentímonos moi cómodos; sorbemos defender a nosa manga e colocámonos por diante de Mecos, que saiu na terceira quenda. Ademais, non fomos forzados en ningún momento”; “A Bandeira Teresa Herrera é a nosa; levamos adestrando no campo de regatas durante varios días e xa lle temos collida a medida. Quizais non teñamos tanto potencial como outros equipos, pero estamos funcionando ben cunha mestura de experiencia e xente xove. Estamos convencidos de que podemos conseguir a vitoria e comezar con éxito o mes de agosto”.

ICE Imaginación, 2008-07-28

Actualidad

Foto del resto de noticias (jornada_apyo_empresas.jpg) En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
Foto de la tercera plana (expo_as_nosas_palabras_mund.jpg) La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

Notas

A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.
A Xunta posiciónase cos gandeiros e asegura traballar a fondo para salvar as dificultades e conseguir unha estabilidade para o sector leiteiro, considerado estratéxico para Galicia. Pide a activación de medidas concertadas na UE.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información