Notas de prensa

Web galega sobre a diversidade lingüística mundial

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.

A primeira web galega sobre a diversidade lingüística no mundo deuse a coñecer en Vilagarcía de Arousa durante a presentación da exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”, que se poderá visitar nesta cidade pontevedresa desde o 11 ó 24 de agosto.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, que dirixe Marisol López, puxo en marcha de xeito paralelo ambas as dúas iniciativas, tanto o sitio www.asnosaspalabras.org como a mostra de carácter itinerante, co obxectivo de sumarse á celebración do Ano Internacional das Linguas e do Ano Europeo do Diálogo Intercultural.

O coordinador da exposición “As nosas palabras, os nosos mundos”, o profesor universitario Anxo M. Lorenzo, foi o encargado de presentar os contidos e seccións nos que se dividen a web e a mostra, que invitan a facer un percorrido pola historia do galego no contexto da diversidade cultural do planeta e que buscan contribuír á difusión do plurilingüismo. No acto tamén participaron a alcaldesa e o concelleiro de Cultura de Vilagarcía, Dolores García Giménez e Xosé Castro Ratón, respectivamente.
Anxo M. Lorenzo destacou que o sitio www.asnosaspalabras.org constitúe a primeira páxina web elaborada desde Galicia sobre a diversidade das linguas, e sinalou que a Secretaría Xeral de Política Lingüística pretende que este espazo na rede acade a condición de referente para a difusión dos valores da exposición itinerante “As nosas palabras, os nosos mundos”. Ao mesmo tempo, subliñou que o que se persegue é que a páxina de Internet permaneza activa unha vez rematado o percorrido itinerante da mostra. “En definitiva, a web converterase nunha exposición virtual permanente”, asegurou Anxo M. Lorenzo.

Visita virtual
A través desta páxina web pódese obter información sobre os contidos da exposición itinerante, datas e lugares nos que recalará, así como todas as novas relacionadas coa mostra. O sitio ofrece, ademais, a posibilidade de realizar unha visita virtual pola exposición e descubrir así contidos sobre o galego e as linguas que se falan no planeta.

A mostra en Vilagarcía
No acto celebrado esta mañá tamén se deron a coñecer os datos relativos á segunda escala que fai a exposición itinerante, logo do seu paso por Santiago de Compostela, onde a visitaron en xullo pasado preto de 1.000 persoas. A mostra multimedia “As nosas palabras, os nosos mundos” abrirá as súas portas no Auditorio Municipal de Vilagarcía o vindeiro luns e permanecerá nesta cidade ata o 24 de agosto. Nesta sala poderá visitarse de luns a sábado, de 10:00 a 14:00 horas e de 16:30 a 20:30 horas. Os domingos estará aberta de 10:00 a 13:00 e de 19:00 a 21:00 horas.

O acto oficial da inauguración terá lugar o luns, día 11 de agosto, ás 20:00 horas, e nel participarán a secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López; o coordinador da exposición, Anxo M. Lorenzo; e a alcaldesa de Vilagarcía, Dolores García.

Nun espazo expositivo de 500 metros cadrados, os visitantes poderán aproximarse ao galego e á diversidade lingüística do mundo dunha forma activa, experimental e sensitiva. A visita pódese realizar en sete idiomas –galego, castelán, catalán, éuscaro, inglés, francés e neerlandés-flamengo-, aos que se suman outras 25 linguas con presenza na exposición. Ademais, conta con sistemas alternativos para persoas con discapacidade sensorial (visual e auditiva).

Itinerancia
Despois da súa escala en Vilagarcía de Arousa, a seguinte parada da exposición será Bilbao, onde permanecerá aberta desde o 4 ata o 12 de setembro. Con posterioridade, recalará noutras cinco cidades galegas –Vigo, A Coruña, Pontevedra, Lugo e Ourense– e tamén se poderá visitar en Madrid, Barcelona e Sevilla. A maiores, “As nosas palabras, os nosos mundos” chegará a Bos Aires e a Bruxelas, onde contará co patrocinio institucional do comisario europeo de Multilingüismo, Leonard Orban.

S. X. Política Lingüística-S.X. Comunicación, 2008-08-07

Actualidad

Foto del resto de noticias (jornada_apyo_empresas.jpg) En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
Foto de la tercera plana (expo_as_nosas_palabras_mund.jpg) La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

Notas

A empresa Imaxin Software, en colaboración con I+D+i, desenvolveu o Opentrad, prototipo do primeiro tradutor automático que incorpora o inglés a súa ferramenta de tradución automática en software libre que xa dispón de 26 pares de idiomas.
A Xunta posiciónase cos gandeiros e asegura traballar a fondo para salvar as dificultades e conseguir unha estabilidade para o sector leiteiro, considerado estratéxico para Galicia. Pide a activación de medidas concertadas na UE.

Editorial

Axudas para superar a crise : Todos agardan axudas, porque todos as necesitan. Nesta crise que...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información