O Concello de Teo contrata un plan de modernización administrativa, Teo Moderniza, que ofertará trinta procedementos administrativos. O concello sacou a concurso a implantación da administración electrónica. A mesa de contratación acordou adxudicar os traballos á empresa Informática El Corte Inglés.
A administración electrónica só pretende que os veciños/as de Teo así como os profesionales da administración aproveiten as vantaxes das novas tecnoloxías. Concretamente os cidadáns poderán realizar moitos trámites dun xeito sinxelo a través dunha páxina web. A nivel interno tamén haberá unha intranet que mellorará a operatividade municipal.
Para facer realidade esto o concello disporá dunha plataforma electrónica na que se aloxarán todos os procedementos administrativos. A empresa que gañou o concurso ofertou a plataforma eSIGEM que xa está sendo utilizada pola Deputación provincial e por outros concellos e que pode permitir unha converxencia futura con outras administracións. Cabe destacar que a plataforma de tramitación electrónica será en software libre e código aberto.
O primeiro paso para a implantación será a definición dos procedementos precisos para o Concello de Teo, que o persoal da empresa coordinará co persoal municipal. O contrato Teo Moderniza contempla tamén o mantemento do soporte posterior á súa instalación así como formación aos recursos humanos municipais, aos administrados e aos dinamizadores da sociedade da información.
O contrato Teo Moderniza está dotado con 224.000 euros subvencionados por entidades supramunicipais. O financiamento destes traballos corresponden ás convocatorias de Cidades Dixitais do Plan Avanza da Consellería de Innovación e Industria, e do dModel do Ministerio de Administracións Públicas.
En el marco de la jornada Medidas de apoio financeiro ás empresas galegas, el titular de la Xunta detalló que, de esos 2.000 millones, la mayoría -unos 1.200 millones- se destinarán a créditos; los avales contarán con 500 millones; las subvenciones, con 130 millones; y las operaciones de capital riesgo, con 120 millones. El objetivo es promover inversiones por valor de más de 3.100 millones.
La muestra está promovida por el Gobierno gallego para conmemorar el Año Internacional de las Lenguas. En el acto inaugural se puso de relieve que en Galicia no existe imposición linguística y que la promoción del gallego en la educación es fruto del consenso político. La visita a la exposición multimedia se puede realizar en siete idiomas y 25 lenguas.

