Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la USC:
O acto inaugural do curso académico 2007-08 do Sistema Universitario de Galicia ten lugar o venres 28 de setembro no Colexio de Fonseca da Universidade de Santiago baixo a presidencia do titular da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño. Na mesa presidencial están ademais os reitores das tres Universidades galegas, Senén Barro, José María Barja e Alberto Gago; a conselleira de Educación da Xunta de Galicia, Laura Sánchez Piñón; e os presidentes dos Consellos Sociais das Universidades de Santiago e Vigo, Manuel Puga e Emilio Atrio, respectivamente.
A cerimonia, que se desenvolve ás 12:00 horas no Salón Nobre, comezará coa lectura da lección maxistral Capacidade de interpretación e predición dos modelos físicos, impartida polo profesor Vicente Pérez Villar, catedrático de Física da Materia Condensada da Facultade de Física. A continuación, o reitor da Universidade de Santiago, Senén Barro Ameneiro, pronuncia o seu discurso, que da paso á intervención do presidente da Xunta inaugurando oficialmente o curso académico.
Ao acto asisten ademais o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana; a presidenta do Parlamento de Galicia, Dolores Villarino; a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo; o Valedor do Pobo, Benigno López; a tenente de alcalde de Santiago, Mar Martín; o alcalde de Lugo, José C. López Orozco; o presidente da deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro; o presidente do Tribunal Superior de Xustiza, Antonio González Nieto; o arcebispo de Santiago, Julián Barrio; así como numerosas personalidades do mundo académico, cultural e político.
Tras su reunión semanal, el Consello de la Xunta anunció que asumirá las cuotas de préstamos de coche y vivienda de quienes se queden sin empleo. Destina 10 millones de euros a esta medida para movilizar un volumen de financiación directa a las familias de 850 millones. Afectará a aquellos que pierdan su empleo "improcedente o involuntariamente".
Radio Galicia de Santiago de Compostela conmemora el 75 aniversario de su puesta en marcha en el nº 5 de la Plaza de la Universidad (frente a la Facultad de Geografía e Historia), primero bajo la sigla empresarial de Unión Radio, y después de la Guerra Civil como integrante de la Sociedad Española de Radiodifusión (Ser).

