Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación del Parque Tecnológico de Galicia:
A Tecnópole apoiará cinco empresas do seu contorno máis directo na implantación das Tecnoloxías da Información e das Comunicacións (TIC) nos seus procesos para aumentar a súa produtividade e, en consecuencia, a súa competitividade. Logo desta primeira etapa, que se prolongará durante seis meses, iniciarase unha fase máis ambiciosa do proxecto a escala autonómica, na que o Parque Tecnolóxico de Galicia continuará coordinando a iniciativa.
A filosofía do programa Tecnópole PRO-TIC é dinamizar o uso das TIC nas pemes galegas para incrementar a súa produtividade e, polo tanto, a súa vantaxe competitiva. As cinco empresas seleccionadas entre as situadas no seu propio recinto terán, sen asumir ningún custo, un plan integral personalizado para integrar as novas tecnoloxías na súa actividade.
Segundo os últimos datos do Observatorio Galego da Sociedade da Información, as empresas galegas non perciben aínda as TIC como un elemento decisivo na mellora da súa competitividade. De feito, aínda que a maioría (entre o 83% e o 93%) empregan unha combinación de aplicacións de xestión empresarial e ofimática para a xestión e control dos seus procesos, só as funcionalidades relativas a procesos contables e de facturación están verdadeiramente xeneralizadas, o que supón unha importante perda de oportunidades para elas.
O proceso comeza cunha primeira fase na que se realizará unha análise profunda da estratexia e dos procesos da empresa para identificar as posibles melloras que puidese supoñer a incorporación das TIC. Unha vez identificadas as ferramentas de soporte, valorarase detidamente cales son rendibles para a empresa en termos de retorno do investimento.
A continuación, procederase ao deseño da mellor estratexia e á implantación das solucións máis axeitadas en cada caso, primando as desenvolvidas pola industria galega do sector. Finalmente, levarase a cabo un proceso de monitorización no que se supervisará a posta en práctica do plan de implantación das TIC para garantir o éxito.
La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

