Noticias

Aumentan un 48% las capturas de pulpo en las rías gallegas en el año 2007

Al igual que el pulpo, otros recursos procedentes de la pesca de bajura, como el choco o el congrio, incrementaron también sus descargas en las lonjas gallegas en relación con el año anterior.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos de la Xunta de Galicia:

As descargas de polbo nas lonxas galegas ascenderon a 2.723 toneladas o ano pasado, o que representa un incremento do 48,2 por cento en relación ás 1.838 toneladas de 2006. Este recurso acadou un valor en primeira venda próximo aos 13,7 millóns de euros, fronte aos 9,3 millóns de euros do exercicio anterior. Estas cifras, que tamén superan amplamente as de 2005, demostran o éxito da aplicación do Plan de Recuperación, consensuado entre a Consellería de Pesca e o sector no ano 2006 co obxectivo de restablecer a poboación desta especie, permitir a incorporación de novos reclutas e acadar o incremento da biomasa dos individuos xa presentes no stock.

Estes datos aparecen recollidos no informe de actividade, correspondente a 2007, da Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB), dependente da Dirección Xeral de Recursos Mariños da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. De feito, este departamento xa apuntaba, na memoria de 2006, unha recuperación desta pesqueira no segundo semestre dese exercicio, sobre todo nos últimos meses. Cabe sinalar que, tanto o ano pasado como o exercicio anterior, non se produciron capturas de polbo nas augas costeiras de Galicia entre comezos de maio e os primeiros días de xullo por mor dunha veda e dun paro biolóxico respectivamente. Nesta liña, en 2008, as nasas estarán en terra entre as 24:00 horas do día 9 de maio e as 00:00 horas do 7 de xullo debido a unha veda que se acordou en xuño de 2007.

De feito, nesa data, o director xeral de Recursos Mariños, Antonio García Elorriaga, reuniuse con representantes dos profesionais do mar galegos e no encontro fixáronse as medidas de xestión para o polbo en 2008. Deste modo, ademais do período de veda, establecéronse condicións de traballo relativas a tallas mínimas, topes de captura, horarios de traballo e calamento das nasas.

Outras especies

Segundo o informe da UTPB, o bo comportamento nas descargas de polbo en Galicia o ano pasado tamén se rexistrou noutras especies de baixura como o choco ou o congro. Así, en 2007, capturáronse no litoral de Galicia 535,7 toneladas de choco, unha cantidade que supón un aumento do 17 por cento en comparación coas 458,1 toneladas de 2006. A maior parte deste recurso foi capturado no primeiro semestre do ano, correspondendo a meirande parte ás Rías Baixas, principalmente á Ría de Arousa.

En canto ao congro, as toneladas que pasaron polas lonxas galegas o ano pasado situáronse en 3.602, un 47,8 por cento máis que as cifras acadadas o exercicio anterior. Esas descargas acadaron un valor próximo aos 6,7 millóns de euros en primeira venda. Así mesmo, outras especies con bos resultados de capturas foron a lura, que pasou das 103 toneladas en 2006 ás 338 toneladas de 2007; o ollomol, cuxas descargas medraron desde 132,7 toneladas ata 232 toneladas; e a robaliza, especie da que se capturaron 277,1 toneladas o ano pasado fronte ás 214,8 de 2006.

Outra das especies estudada pola Unidade Técnica de Pesca de Baixura foi a pescada, xa que parte das descargas deste produto proceden da pesca costeira. Neste caso, as cifras totais de pescada contabilizada nas rulas galegas (sen ter en conta o modo de captura) ascenderon a 21.857 toneladas o ano pasado, mentres que en 2006 foron 21.257 toneladas. Un comportamento similar foi o experimentado pola vieira e a volandeira. A primeira destas dúas especies situouse nas 226,2 toneladas fronte ás 104 do exercicio anterior, mentres que no caso da volandeira pasouse das case 300 toneladas descargadas en 2006 ás máis de 406 toneladas do ano pasado.

Pola contra, non tiveron un comportamento tan positivo especies como a nécora, a centola ou a sardiña que viron como as súas descargas nas lonxas galegas se reduciron o ano pasado. Non obstante, o prezo medio do quilogramo de nécora en primeira venda pasou dos 16,35 euros de 2006 aos 18,23 euros en 2007, mentres que no caso da centola pasouse de 8,43 euros a 11,02 euros.

Unidade Técnica de Pesca de Baixura

A Unidade Técnica de Pesca de Baixura é un departamento dependente da Dirección Xeral de Recursos Mariños que ten, entre as súas funcións, avaliar o estado dos recursos de baixura e o estudo do efecto das artes extractivas nas poboacións. Deste xeito, as tarefas desenvolvidas por esta área céntranse na observación e mostraxe a bordo de embarcacións que traballan nas augas competenciais da Xunta de Galicia e das que se obteñen datos que, posteriormente, permiten asesorar a outras unidades da Consellería de Pesca.

Ademais, dende o ano 1999, a UTPB está realizando a investigación sistemática das diferentes pesqueiras de baixura que se desenvolven nas augas mariñas galegas e, a través dos embarques, obtén información sobre a pesca retida e descartada coas diferentes artes; a duración da faena; ou características da arte, entre outros aspectos. Por outra banda, este departamento tamén realiza procesos de cartografiado e xeorreferenciación das zonas de produción marisqueira e acuicultura, á vez que os seus membros participan, ao longo, do ano en diferentes encontros técnico-científicos, como congresos, conferencias, cursos, etc.

Atendendo ao número de mostraxes, temos que a Unidade Técnica de Pesca de Baixura realizou un total de 660, o que supón 86 análises máis que en 2006. Do total de mostras, e segundo a modalidade de arte, sobresaen 127 correspondentes a nasa polbo; 112, a miños; 97, a trasmallos; 68 realizadas en barcos faenando con betas; e 61 de nasa nécora. Pola contra, se collemos as cifras en función das confrarías de pescadores temos que destacar as 38 levadas a cabo en Baiona; 33 no pósito de Celeiro; 31 no Grove; 27 tanto en Portosín como en Burela; ou as 26 realizadas tanto en Redondela como na Illa.

R., 2008-04-20

Actualidad

Saúl Craviotto y el gallego Carlos Pérez Rial han ganado la medalla de oro en la prueba de K2 sobre 500 metros de piragüismo de los Juegos Olímpicos de Pekín 2008. El palista gallego ha conseguido la medalla de plata en la final de C-1 500 metros. Se une así al club de los máximos medallistas españoles de la historia, en el que también figura Joan Llaneras y Arantxa Sánchez Vicario.
Foto de la tercera plana (guerra_civil_espanola.jpg) Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

Notas

www.asnosaspalabras.org pretende converterse nun referente activo para a promoción e defensa do galego e do ecosistema lingüístico do planeta e nace en paralelo á exposición itinerante As nosas palabras, os nosos mundos.
"A pel dos sentidos", da que é comisario o artista Caxigueiro, estará aberta ata o 31 de agosto. Nela, cinco artistas mozos aporta unha visión da arte na que se mesturan diversas linguaxes expresivas.

Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información