Noticias

La UE escoge el modelo gallego para el Observatorio y Repositorio de Software Libre (OSOR)

El proyecto europeo reproduce el modelo de Mancomún que se convierte en un referente como precursor en la implatación de este modelo de éxito.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Consellería de Innovación e Industria de la Xunta de Galicia:

O Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre
(OSOR), presentado recentemente polo IDABC en Bruxelas, reproduce miméticamente a estrutura de Mancomún, como un modelo de éxito aplicado en Galiza dende fai máis de dous
anos. Esta estrutura baséase nun portal que permite a todas as institucións, organismos e persoas, a título individual, compartir o Software Libre que producen, así como intercambiar recursos e coñecementos na materia a través de servizos de observación tecnolóxica e colaborativos. A Forxa de Mancomún é unha das forxas asociadas á plataforma europea dende o seu inicio.

Segundo explica o coordinador de Mancomún, Xesús Manuel Benítez Baleato, “o feito de que o modelo escollido finalmente pola Comisión Europea para poñer en marcha o OSOR reflexe tan
claramente a estrutura proposta dende Galiza a través de Mancomún demostra o acerto da estratexia de promoción do Software Libre seguida pola Consellaría de Innovación e Industria,
buscando fortalecer un tecido TIC endóxeno capaz de fornecer a necesaria independencia tecnolóxica que permita abastecer tecnoloxicamente aos distintos sectores produtivos do noso
país”.

Mancomún convértese, así, en referente europeo en materia de Software Libre, ao contribuír no asesoramento e o desenvolvemento de proxectos europeos orientados á maior difusión e
implantación das tecnoloxías abertas.

Tal e como sinala Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, principal entidade promotora do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre
de Galicia, “trátase non só de que Galiza sexa consumidora senón tamén de que sexa produtora de recursos e servizos na Sociedade da Información e do Coñecemento”.

Presentación do OSOR en Bruxelas

O portal do Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre (www.osor.eu) foi presentado recentemente en Bruxelas polo IDABC nun acto ao que foron convidados máis de 40 representantes de toda Europa, entre eles o coordinador do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre, Xesús Manuel Benítez Baleato. No evento participaron tamén Jesús González Barahona, investigador da Universidad Rey Juan Carlos; Elena Muñoz, do Centro de Transferencia de Tecnoloxía do Ministerio de Administracións
Públicas; Ismael Olea, dinamizador da comunidade de Software Libre de epractice.eu.; e Carolina Grau, directora do CENATIC.

Durante o encontro debateuse sobre as posibilidades que abre a propia plataforma, sobre os proxectos de éxito incluídos no repositorio, ademais da futura orientación que adquirirá o proxecto.
Así mesmo, presentouse a imaxe do portal que, de xeito anecdótico, incorporará na súa cabeceira ilustracións de abellas. O coordinador da iniciativa, Karel de Vriendt, bromeou a este respecto
afirmando que “algunha xente expuxo que o das abellas podía non ser unha boa idea xa que lembra ás nésperas; tamén de min di algunha xente que son coma unha néspera pero non hai
problema: para iso é que me pagan”.

Está previsto que a versión definitiva da plataforma sexa presentada ao público en xeral no marco da Conferencia Mundial de Software Libre, que terá lugar en Málaga no vindeiro mes de outubro.

Arquitectura do Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre (OSOR)

A arquitectura do OSOR está construída sobre Plone e Gforge, almacenan non soamente código fonte e aplicacións listas para o seu uso, senón tamén documentación sobre estas, información
sobre as distintas licenzas de Software Libre e material sobre a contratación de servizos relacionados con tecnoloxías abertas. Esta arquitectura permita albergar, de forma semellante a como o fai Mancomún, servizos adicionais aos do propio repositorio, como calendario de eventos, novas máis destacadas, foros e outros servizos colaborativos ademais dos vencellados ao Observatorio.

O proxecto admite tanto software gratuíto, libre e de código aberto que é distribuído baixo as licenzas recoñecidas pola Fundación de Software Libre (FSF) ou pola Iniciativa de Código Aberto (OSI), ademais do código que é lanzado baixo a Licencia pública da Unión Europea (EUPL)

A iniciativa inaugura o intercambio de información, experiencias e código fonte de Software Libre entre as distintas administracións públicas a través da nova plataforma. A apertura deste fluxo
permitirá aos membros da Unión Europea mellorar o retorno dos seus investimentos en tecnoloxías da información, así como facer as súas aplicacións máis interoperables.
Gabinete

R., 2008-06-30

Actualidad

Foto del resto de noticias (hotel_la_toja.jpg) Con la intención de que la futura normativa se adapte a las "necesidades" del sector e incluya "alternativas viables" para paliar las consecuencias de la actual situación de crisis económica, el PPdeG enmienda la Ley de Turismo en su totalidad. Denuncia que el texto legislativo propuesto por la Xunta no tiene en cuenta elementos "imprescindibles para la consolidación de Galicia como destino turístico".
Foto de la tercera plana (festival_cine_ourense_08.jpg) El XIII Festival de Cine de Ourense levanta el telón con una gala inaugural que supondrá el arranque para la proyección de 300 filmes y la celebración de actividades centralizadas este año en el Auditorio Municipal de la capital de As Burgas hasta el 18 de octubre.

Notas

O secretario xeral de Relacións Exteriores e presidente da Fundación Axencia Humanitaria de Galicia presentou o posto médico avanzado que se porá a disposición da ONG Solidaridad Médica para despregar na selva amazónica de Bolivia.
A Xunta de Galicia inviste 10 millóns de euros nos novos dique e contradique que multiplicarán por seis o espazo protexido da actual dársena pesqueira e permitirán atender a demanda de atraques de embarcacións deportivas.

Editorial

Aparcamentos de pago: Velaquí outro aspecto da nosa actualidade que se democratiza. Tiñamos p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información