Nota remitida por el Gabinete de Prensa de la Vicepresidencia de la Diputación Provincial de Lugo:
O Vicepresidente da Deputación, o nacionalista Antón Bao, participou na presentación da 1ª edición do Rallie Comarca da Ulloa. A presentación celebrouse na Centro Comarcal de A Ulloa, no concello de Palas de Rei e estiveron presentes o Alcalde de Palas de Rei, Fernando Pensado; o presidente da Escudaría Comarca da Ulloa, o piloto Luís Vilariño; o presidente da Escudaría Lalín – Deza, Antonio Troitiño; o Alcalde do Concello de Monterroso, Antonio Gato.
Antón Bao sinalou, durante a súa intervención, o compromiso da vicepresidencia de Deputación por apoiar este tipo de competicións deportivas que se organizan de xeito comarcalizado. O Vicepresidente informou de que “dende a miña responsabilidade como vicepresidente da Deputación e, concretamente, dende a Área de Deportes imos a apoiar todas aquelas actividades e competicións que se organicen comarcalizadamente, optimizando os recursos existentes e facendo coparticipes aos concellos implicados na organización”, con estas palabras Antón Bao incidiu na necesidade de implicar a diferentes concellos á hora de organizar probas deste tipo que conlevan un orzamento significativo e unha elevada complexidade organizativa.
Esta primeira edición do Rallie Comarca da Ulloa contará co apoio das institucións patrocinadoras que son o Concello de Palas de Rei, Concello de Monterroso, Concello de Antas de Ulla, a Área de Deportes da Deputación de Lugo e a Consellería de Cultura e Deporte, a través da Dirección Xeral para o Deporte. Os responsables da Escudaría Comarca da Ulloa fixeron un importante esforzo á hora de planificar todo o relativo á seguridade nos tramos e contarán coa colaboración da escudaría Lalín-Deza
O venres, día 1, comezarán as verificacións técnicas e administrativas en Monterroso onde se reunirán os vehículos no parque pechado. O sábado, día 2, terá lugar a competición propiamente dita coa saída dos participantes dende as 08:30 horas. A proba finalizará coa entrega dos trofeos ás 01:00 do día 3 de agosto.
MÁIS DE UN CENTO DE PILOTOS PARTICIPARÁN NESTA PRIMEIRA EDICIÓN
Máis de un cento de pilotos están inscritos nesta primeira edición do Rallie Comarca da Ulloa. O máis significativo é a presenza de todos os pilotos punteiros do campionato galego de Rallies e o primeiro clasificado no campionato asturiano. É de destacar a presenza de media ducia de pilotos locais ademais da participación dos reputados Pedro Burgo e Sergio Vallejo. Sen dúbida esta é unha cita ineludible para o automobilismo galego.
Bajo el título Voluntarios de Argentina en la Guerra Civil Española se presentó un libro en el Museo de la Emigración Gallega en Buenos Aires en el que se recogen historias de voluntarios que se enrolaron en el ejército republicano y en las brigadas internacionales durante la contienda española.

