Noticias

Touriño y Zapatero confirman en La Moncloa que el Ave a Galicia será una realidad en 2012

El presidente de la Xunta y el presidente del Gobierno, tras una reunión de dos horas en el Palacio de la Moncloa, confirmaron que el proyecto de alta velocidad a Galicia será una realidad en el año 2012, un anuncio que Pérez Touriño calificó de "extraordinariamente positivo" para Galicia.

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

“Foi un monográfico sobre o investimento do Estado na comunidade e, de maneira fundamental, sobre o proxecto estratéxico e decisivo que é o tren de alta velocidade, o proxecto Ave”. Con estas palabras definiu o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, a entrevista que mantivo co presidente do Goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, un encontro que Touriño cualificou como de “extraordinariamente positivo para Galicia” e que se prolongou durante dúas horas.

Na súa intervención ante os medios de comunicación, o titular da Xunta destacou o alto interese amosado polo presidente do Executivo central polo proxecto do tren de alta velocidade a Galicia e destacou o seu compromiso de licitar no vindeiro ano, en 2009, todos os treitos do eixo central do proxecto, os comprendidos entre Ourense e Zamora. Segundo explicou Pérez Touriño, trátase dun total de nove treitos, seis entre Ourense e Lubián e os outros tres entre Lubián e Zamora, que supoñen un total de 140 quilómetros. Unha licitación que o presidente galego cualificou como “fundamental” para garantir que sexa “verdade plena, acadada realidade, o obxectivo e soño do Ave para 2012”.

“Pódolles anunciar o peche, culminación e garantía plena dese proxecto para que Galicia o poida disfrutar e poida tocalo, poida servirse del, Galicia e con ela España, no ano comprometido, no ano 2012”, salientou o máximo mandatario autonómico. Na mesma liña, insistiu no “compromiso do presidente do Goberno de España para licitar e deixar contratada, polo tanto, toda a obra do Ave no ano 2009, co orzamento correspondente que a respalde”, aseverou.

Emilio Pérez Touriño dixo sentirse “especialmente satisfeito de que tiveramos acadado este compromiso a partir desa consideración que o presidente ten co reequilibrio territorial” das comunidades, e asegurou que viu a Rodríguez Zapatero “cun coñecemento e cun interese excepcional por cada unha das circunstancias que rodean a marcha do proxecto de alta velocidade e a súa realización”.

“Compartimos que estamos falando dun proxecto estratéxico e decisivo para Galicia, para os galegos e as galegas pero vital, non só para Galicia senón para o atlántico e o noroeste peninsular e para España. Un proxecto de Estado que así merece do recoñecemento, do esforzo e dunha aposta decisiva por parte do presidente Zapatero en relación co mesmo”, aseverou o presidente da Xunta.

Reunións cada tres meses entre o presidente da Xunta e a ministra de Fomento
Na mesma liña, o máximo mandatario autonómico indicou que tamén abordou co presidente do Goberno o seguimento do proxecto do tren de alta velocidade na comunidade galega. Pérez Touriño dixo que José Luis Rodríguez Zapatero “lle ten ofrecido -e aceptei-, unha fórmula que entendemos é a máis áxil, máis directa, a máis executiva e a que se produce no máis alto nivel e co maior nivel posible de responsabilidade: consiste no acordo para que exista unha reunión estable, de carácter trimestral, entre o presidente da Xunta e a ministra de Fomento, a quen así llo ten ordenado e encomendado na miña presenza”, explicou Touriño. Na mesma liña, indicou que se tratará dun encontro trimestral que se dedicará “exclusivamente” a “seguir, avaliar e compartir coa ministra de Fomento a marcha e o seguimento do compromiso que temos acadado”.

Visita do presidente do Goberno ás obras do AVE
O presidente da Xunta tamén confirmou que invitou a José Luis Rodríguez Zapatero a acudir a Galicia ao próximo mes, inivitacion, que segundo o presidente da Xunta, lle pareceu “fenomenal” ao xefe do Executivo español. Touriño explicou que Zapatero “virá na última semana, para supervisar persoalmente, a pé de obra, a marcha e situación de cada un dos treitos do proxecto Ave”.

Emilio Pérez Touriño agradeceu a receptividade do presidente español á súa proposta e asegurou que é importante que “o presidente do Goberno faga este esforzo e que o teñamos en Galicia para supervisar o que é a marcha e dando conta de como está o proxecto do tren de alta velocidade”.

Financiamento autonómico
A pesar de que as infraestruturas, e concretamente o tren de alta velocidade a Galicia, centraron a maior parte da conversa entre o mandatario galego e español, na xuntanza tamén se abordaron outros asuntos como o financiamento, o investimento do Estado en Galicia, a reforma do voto emigrante ou a ampliación da AP-9.

Respecto do financiamento autonómico, Pérez Touriño indicou que lle ten transmitido ao presidente español os criterios que a Comunidade Autónoma defende: o de maior autonomía financeira, maior corresponsabilidade fiscal, a necesidade de atopar un importante grao de suficiencia financeira para todos os servizos e competencias que lle corresponden, e que se computen, de xeito axeitado, as necesidades de gasto: a variable de poboación axustada, non só polo seu crecemento, senón tamén polo avellentamento e pola súa dispersión territorial.

Na mesma liña, lembrou que a comunidade galega é onde se ten concentrado “con máis intensidade nestes catro anos o esforzo inversor e de reequilibrio do Estado”, e asegurou que non hai “ningunha outra comunidade con tal índice investidor”. Touriño remarcou que os Orzamentos Xerais do Estado, desde que goberna José Luis Rodríguez Zapatero, “puxeron a disposición de Galicia un total de 4.750 millóns de euros”, un 183 por cento máis respecto á lexislatura do PP, multiplicándose o investimento por 2,8. Isto, segundo salientou Touriño, “marca un cambio de ritmo histórico e un desnivel histórico en relación con todo o efectuado anteriormente”.

Voto emigrante e ampliación da AP-9
“Tamén falamos da necesidade da reforma do voto emigrante para dotalo de todos os mecanismos de protección e transparencia propios dunha sociedade desenvolvida”, asegurou Touriño, indicando que en todos os asuntos abordados o presidente tivo “un criterio de entendemento, cercanía e favorable, disposto a estudalo e traballar nesa dirección”.

Por último, indicou que tamén abordou co presidente español a ampliación da AP-9 “na que estamos traballando”, e amosouse confiado en que o convenio para esta infraestrutura poida “ver a luz en setembro”.

Entrevista positiva e agradable
O presidente da Xunta quixo agradecerlle ao titular do Goberno español “a sintonía e o afecto cos galegos”. “Atopei a un presidente con coñecemento, un presidente con afecto e un presidente disposto a estar preto e a traballar a fondo, como sempre crin que estaba e neste caso máis, porque así mo ten demostrado”, aseverou Touriño lembrando que a xuntanza que mantivo con José Luis Rodríguez Zapatero durante dúas horas foi “ampla, positiva e moi agradable”.

O terceiro encontro na Moncloa
Este é o terceiro encontro que ambos mandatarios manteñen no Palacio da Moncloa. A primeira ocasión na que José Luis Rodríguez Zapatero e Emilio Pérez Touriño se entrevistaron -desde que este foi investido presidente da Xunta de Galicia- foi o 31 de agosto de 2005. Nesa reunión, acadouse o acordo de que os orzamentos do Estado para 2006 fixeran un esforzo especial con Galicia, impulsando os proxectos estratéxicos pendentes na Comunidade Autónoma. Este compromiso tivo o seu reflexo nos Orzamentos Xerais do Estado para 2006, que recolleron un investimento en infraestruturas de 1.147 millóns de euros en Galicia, un 37,3% máis que o ano anterior, o que permitiu que a comunidade recibise máis do 8% do investimento territorializado do Estado.

Posteriormente, en febreiro de 2007, Pérez Touriño volveu reunirse con Rodríguez Zapatero no Palacio da Moncloa. Un encontro no que ambos presidentes tiveron a oportunidade de analizar diversos asuntos de interese para Galicia, como o AVE Vigo-Ourense; a situación dos estaleiros galegos; a cooperación en materia de incendios; o traspaso de competencias; ou o compromiso de que a Cidade da Cultura se convertera nun proxecto de Estado, ao tempo que se ratificaba o compromiso de seguir destinando a Galicia o 8% do investimento territorializado.

Pero ademais das xuntanzas no Palacio da Moncloa, Emilio Pérez Touriño e José Luis Rodríguez Zapatero tiveron a oportunidade de entrevistarse en cinco ocasións, sen contar os contactos mantidos no marco da II e III Conferencias de Presidentes e no dos cumios hispano-lusos de Évora (2005), Badaxoz (2006) e Braga (2008).

Deste xeito, os dous mandatarios coincidiron por vez primeira como presidentes o 18 de agosto de 2005 con motivo da visita de Rodríguez Zapatero á base da Brilat en Figueirido (Pontevedra), logo do falecemento de doce militares en Afganistán, oito deles de orixe galega.

En outubro de 2005, Zapatero cursou unha visita institucional a Galicia. Nesa ocasión o presidente do Goberno central revalidou o seu compromiso co desenvolvemento da comunidade autónoma e anunciou o investimento de 82 millóns de euros no I Plan Integral de Emprego para Galicia, a primeira ocasión na que o Goberno de España destinaba unha partida específica e singular, como tan só ocorre con outras dúas comunidades do Estado.

Xa no ano 2006, o presidente do Goberno central visitou Galicia durante a vaga de lumes do mes de agosto, desprazándose ata diversas zonas afectadas polos incendios forestais. Ao longo do 2007, Rodríguez Zapatero visitou en dúas ocasións máis Galicia. A primeira, para asistir en Santiago á recepción ao féretro cos restos mortais da soldado Idoia Rodríguez Buján, falecida en Afganistán; e a segunda, con motivo da entrega do buque oceanográfico Sarmiento de Gamboa ao Centro Superior de Investigacións Científicas e a conmemoración dos dous anos da Estrategia Ingenio 2010, en Vigo. Estes encontros institucionais complétanse con outros informais, mantidos en actos institucionais, de partido ou noutros foros.

R., 2008-08-04

Actualidad

Foto del resto de noticias (ciudad_cultura_torres_1.jpg) La Consellería de Cultura e Deporte de la Xunta de Galicia confía en que el congreso internacional Lugares de Cultura. Creatividade para o desenvolvemento, previsto entre el 21 y el 24 de enero, se aproveche para entrender las potenciales que puede tener el complejo del Monte Gaiás como lugar de cultura.
Foto de la tercera plana (usc_homenaje_voces_ceibes_p.jpg) Así calificaba el vicecerrector de la USC Elías Torres la aportación de Voces Ceibes al panorama músico-social de la época que ahora se rememora a través de un concierto-homenaje de su 40 aniversario.

Notas

A Rede Neurona está formada por 17 plataformas tecnolóxicas sectoriais e agrupa a máis de mil empresas dos principais sectores da economía galega. Enténdese como un exemplo na implantación da innovación exportable a outras rexións.
Punta Arnela convírtese nun ruxe-ruxe de motores xa que alí vai ter lugar a 14º edición do Slálom Fimo, última das probas destas características patrocinada polo Concello e organizada pola Escudería Automobilística Ferrol do ano.

Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información