Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: Pastores

viernes, 27 de abril de 2007
Palabra de orixe bíblica. Antigo e Novo Testamento. Xesús utilizou esa figura campesiña e mesmo afirmou: “Eu son o Bo Pastor que coñezo e amo ás miñas ovellas”. Segue a se utilizar para nomear aos bispos e cregos nas igrexas cristiás.

Os bispos (pastores) da Igrexa católica en España, veñen de estar reunidos na 89ª asemblea plenaria da CEE (Conferencia Episcopal Española) para reflexionar acerca da escola católica e dos emigrantes. Temas de actualidade. Hoxe recollemos as verbas do discurso de apertura do presidente, axeitadas ao momento. “Unha sá laicidade implica autonomía efectiva das realidades temporais respecto á estrutura eclesiástica, non así fronte á moral. Á Igrexa non lle corresponde indicar que ordenamento público e social é o preferible; é o pobo o que determina as formas máis adecuadas de organizar a vida pública. Por conseguinte, toda incursión directa da Igrexa neste campo consistiría unha “inxerencia indebida” “Pero a laicidade esixe que o Estado non considere á relixión como puro sentimento individual susceptible de relegarse ao ámbito do privado. Ao contrario, ao estar a Igrexa organizada en estruturas visibles debe ser recoñecida como presenza comunitaria pública”. Aviso aos intrépidos polas dúas bandas.Seguiremos.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Proporcionalidade : Daquela formación memorística doutrora, lembramos os repartimentos proporcio...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información