Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facerme vudú

martes, 30 de octubre de 2007
Aínda quedan lugares onde, pinchando con agullas un boneco, tentan facer mal á persoa que representa. Algo así ocorre cando a miña foto chega a determinada redacción, na que se me recorta como se neso me fose a morte (informativa) e a eles a vida (informativa?).

No medio cento de actos públicos nos que ó ano participo, procuro situarme nos extremos, para que se me poida cortar doadamente, pois non quero que outros resulten “castigados” pola miña “culpa”.

E estou farto. Non deste cutre vudú lucense, que me trae sen coidado. Farto de dar explicacións ós que me preguntan de por que aprendices de xornalistas perden o tempo en quitarme do medio (informativamente) cando é ostensible a miña participación en algún acto. Mesmo estes “vudueiros” se evidencian ben torpes, cando ás veces mencionan o que eu digo para logo non atoparme entre os participantes.

Dicir esto aquí non é para lograr sair na Folla (correspondente) senón para non ter que explicar cada día por Lugo adiante que aquí aínda se practica un xornalístico vudú (pobres!), que eso é propio da incultura ou da envexa. e que –polo ben que me sinto- o sistema non funciona. Que me deixen vivir en paz, e que lles dean (clases de xornalismo) que sen sair na prensa (nalgunha prensa) vívese de prensa (algunha) madre.

E aínda se extrañarán de ser temidos pero non queridos por moitos lucenses. O temor ven só, o agarimo hai que gañalo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información