Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fin do mundo

miércoles, 19 de diciembre de 2007
O medo dos antigos á fin do mundo mudou por outros medos e outras fins referidos ó remate da etapa vital.

Librei nos sesenta da profecía da fin dos tempos que abraiou esta terra como unha plaga bíblica. Vivín o 23F en Radio Popular, onde o son dos disparos no Congreso taladraba unha e outra vez micrófonos e receptores. E quen pense que esaxero, lembre o terror dos que temeron un novo trintaeseis.

Vivín o terremoto dos noventa, coas nosas casas tremando, e nós abrazados para espantar o medo; a invasión de Kuwait transmitida en directo, coa impresión de que se afundía o mundo desde a distancia; e moito máis perto as explosións dos petroleiros perto da Torre de Hércules.

Fai xa vinte anos do Casón, como lembra Alfonso Blanco. Foi aquela especial ocasión de terror que atenazou ó noso pequeno mundo, con horrísonas explosións nas costas coruñesas e explosións sociais no interior, orixinadas polos desatinos dos gobernantes que coidaron posible sacar o perigo da Coruña e trasladalo por terra –vía Nacional VI- a San Cibrao.

Gracias que Alfonso puxo cordura na revolución desatada na esquina guitiricense da Terra Chá onde non houbo mortos de miragre, e só se produciron perdas milmillonarias na factoría de Alúmina Aluminio.

Pequenas fins do mundo que nos van facendo madurar, conseguindo -case sempre son humanas as causas- temer menos a chegada natural do noso particular remate vital.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Difícil papeleta en Fene: Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unh...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información