Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Martes de Entroido

lunes, 04 de febrero de 2008
Hoxe festexamos algo ben diferente. Hoxe Galicia enteira celebra o día grande do Entroido, cunha gastronomía típica e coa ollada burlesca de Don Carnal, que fai rememorar o episodio da batalla con dona Cuaresma no Libro de Buen Amor, en datas de troula que anteceden ó tempo de Semana Santa que este ano 2008 chegará na penúltima semana de marzo. Cachucha, unllas de porco, chourizos e butelo ou androias. Grelos, orella e lacón. O porco é o produto estrela nestas datas na mesa de Carnaval, neste martes no que os desfiles de comparsas poñen o punto e final dunha celebración que remata o Mércores de Cinsa.

Os peliqueiros e cigarróns de Laza e Verín son o centro de atención dos visitantes, atribuidos na orixe a antigos cobradores de tributos dos condes de Monterrei. Outros protagonistas son os ‘xenerais’ en Boqueixón, A Estrada e Silleda; as Pantallas de Xinzo de Limia, os boteiros de Viana do Bolo, as máscaras dos Volantes de Chantada. Do Domingo Fareleiro ou Borrallento ao Martes de Entroido, pasando polo Xoves de Compadres, o Domingo Corredoiro ou Oleico, o Xoves de Comadres e o propio Domingo de Entroido. Esmorga asegurada!!

As filloas e as orellas de Entroido poñen a guinda a un xantar moi calórico e de sobra valorado nesta terra na que Xinxo de Limia, Verín e Laza destacan coma as vilas que mellor saben seguir coa tradición dunha festa pagá que conta con varios séculos ás costas. Cando falo das filloas non podo evitar lembrar as tardes á saída da escola, eu nena, sen ir tanto tempo atrás, cando a miña avoa Araceli me chamaba para que fora á súa casa a merendar filloas con mel. Semella que as estou a ulir... Lembro tan ben eses momentos de ledicia e arrecendo a agarimo de avoa…

Hoxe non podo probar aquel postre elaborado con mans artesás, mans enrugadas pola idade e o traballo cotiá. Agora é o meu avó Manuel quen nos sorprende, a min e o meu irmán, con filloas tan ricas… que mentres escribo estas liñas sinto o seu sabor no padal. Grazas polo sabor da terra.
Fernández, Ruth
Fernández, Ruth


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
BUSCADOR


Editorial

Difícil papeleta en Fene: Todos sabemos que as administracións, eminentemente ordenancistas, teñen unh...
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información