Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Historias administrativas: O militarote

jueves, 06 de marzo de 2008
Pepe era xefe. Viña do Exército para a Administración e naquela postguerra nomeárono segundo de a bordo. Brigada con formación de cabo furriel pero sen coñecementos de cociña.

Chegou o rapaciño de dezasete anos a traballar. Quedouse mirando para el, e comentoulle ó do lado sen gardarse para nada do recén chegado: Mira ti o que nos mandan, nenos, así imos poder traballar... En castelán, por suposto.

A verdade é que o rapaciño non tiña idea de administración, pero viña con gañas de comer o mundo. Mesmo, aínda que tivese que facelo debaixo da férula do sarxento con formación de soldado raso que accidentalmente fora ascendendo por rigoroso turno de antigüidade.

Non se me moleste ningún militar de antes ou de agora. Os de agora, porque en nada se parecen a aquela clase. Os de entón, porque aínda había clases, e eu falo da clase baixa. Moi baixa.

Tiña un protexido. E cando o rapaz foi aprendendo, temendo polo seu amigo, procurou coutar avances que entendía puidesen resultar perigosos para as súas intencións protectoras.

Morreu de non sei que enfermidade. Desas que logo os veciños poden dicir “Xa levaba tempo encamado”. Non pasou á historia, porque ninguén se lembra del.

Non se imaxina que aquel rapaz, case cincuenta anos despois, teno sempre moi presente para procurar non caer nos mesmos erros. A verdade é que tampouco tiña moita imaxinación. Seguro que nin se decatou que en algún momento foi ruín.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información