Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Doutor Porteiro, en Foz

viernes, 11 de abril de 2008
O concello de Barreiros, por decisión unánime dos grupos políticos que o forman, vai a dedicar unha rúa ó médico don Manuel Porteiro. Non é o primeiro recoñecemento que recibe, pois lembramos que hai xa unha chea de anos fora obxeto doutra homenaxe.

Home popular e querido, dinámico, extrovertido, de contado se gañou as simpatías das xentes cando alá polos anos sesenta chegou á Mariña procedente das súas terras do Bergantiños coruñés. E foi en Foz onde aterrou, e onde de súpeto se gañou un lugar na nosa sociedade e onde segue a contar con afectos e simpatías.

Non vamos a facer aquí unha exhaustiva descripción da súa persoa como tal, nin como profesional da medicina nin da súa entrega á sociedade a través do seu labor como promotor de actividades culturais, sociais e deportivas e mesmo políticas, pois foi alcalde daquel concello; acaso outras persoas con maior coñecemento, e tamén con mellores aptitudes, o poidan facer. Queremos referirnos tan só a dous feitos, que vivimos moi de preto, e que falan da súa xenerosidade.

Foi por decembro do ano 1970, cando a Madre Ambrosia, inesquecible Superiora do Asilo focego, nos comentara a necesidade que aquela Casa tiña de un par de cadeiras de rodas para uso de inválidos. Á hora das tazas tratamos a cuestión, e con Cesarín, acordamos solventar a papeleta: organizamos un festival artístico para o que, coma sempre, contábamos co Orfeón de Mondoñedo e a actuación de artistas locais: neste caso Aurora e María, “Os Sinxelos” e “Os Apaches”. A empresa do cine cedía gratis o local e Carbónicas Herpo subvencionaba a publicidade; esto, coa venta de lotería do Niño, permitiu que ó mes seguinte se entragasen ó Asilo as dúas cadeiras, posto que sobradamente se recaudaran as 12.800 pesetas que custaban.

Sería cinco anos mais tarde, o día que a Congregación das Hermanitas celebraba a festividade da súa fundadora, cando Manolo Porteiro instalaba alí un equipo de Raios X.

Decía o xornal, dando a noticia: “…tuvo lugar la bendición del equipo de Rayos X con que el señor Porteiro obsequió a aquella Casa. No hay duda de que la donación constituye una importante mejora, un magnífico servicio para la atención sanitaria de los allí residentes”. ¡Hai mais de trinta anos…!

Haberá un mes que, despois dun tempo sen vernos, os dous vellos amigos nos fundimos nunha fonda aperta: sería a derradeira; acaba de deixarnos. Un bico, Carmiña.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información