Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz: Sanidade e promesas

lunes, 05 de mayo de 2008
“Os problemas sociais non se resolven nunca: envellecen, pasan de moda e se esquecen”; a frase, que demasiadas veces se corresponde coa realidade, é do escritor italiano Leo Longanesi; daí que en ocasións a sociedade civil teña que facer verdadeiros esforzos para impedir que tal suceda.

A focega Plataforma pola Sanidade ven desenvolvendo unha meritoria loita, digna e coherente, na procura de que as autoridades do ramo sexan quen de dotar ó noso concello das infraestructuras precisas para que os cidadáns recibamos unha atención de calidade, e unha condición irrenunciable para que tal premisa se cumpla é o servicio de urxencias as 24 horas. A historia rocambolesca da reivindicación non é senon a de unha frustración mais polo que ten sobre todo de desprecio ós veciños por parte dos políticos; é unha demostración abondo descarada de cómo os focegos son utilizados sen mais mira que a de arrincarlles o voto para logo “echarlos al arroyo”, como dí o vello tango.

Os continuados incumprimentos por parte da Administración dos compromisos puntuais e mesmo das promesas electorais dos seus rectores poñen a cotío en entredito a honestidade daqueles que nos gobernan. Non fará falla lembrar unha vez mais como o señor Touriño, Xosé Blanco e Anxo Quintana, en campaña electoral, prometeron ó pobo de Foz que, de gobernar eles, a nosa vila ía a contar cun P.A.C.; mellora que viña reivindicando toda a cidadanía, encabezada naqueles tempos pola autoridade municipal. Xa se sabe que cando non existe unha conciencia cívica nen unha vocación de servicio á sociedade, os vai-vens políticos modifican actitudes e comportamentos e mudan obxectivos, en aras das consignas partidistas, aínda que as necesidades dos cidadáns, e polo tanto as súas aspiracións, segan a ser as mesmas. A racha xa a encetara o PP; despois chegaron os salvadores…

Cada sábado se nos convoca na rúa ós veciños con un fin claro: evitar que os nosos gobernantes, aquéles que teñen nas súas mans a prometida solución ó problema, nono deixen envellecer nen pasar de moda, e polo tanto que no esquezan; nunha palabra que non se faiga realidade a frase de Leo Longanesi. Trátase só de activar as memorias, ó parecer adormecidas...
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información