Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O diálogo Antoniano

jueves, 15 de mayo de 2008
D. Antonio, mestre onde os haxa e en toda a extensión da palabra, sempre nos falaba do diálogo como forma de arranxar os nosos problemas e as nosas diferenzas. Sempre andaba co mesmo “cutrifar non conduce a nada”, el dicía cutrifar se coñece que os conflitos duns nenos de nove anos daquela non chegaban á categoría de pelexas. El repetía un día tras outro o mesmo “¿a violencia a onde nos leva? a ningún sitio”, “¿somos animais ou somos seres civilizados?” e así ía el debullando un código pacifista que podería firmar tranquilamente un hipi de California, senón fora porque D. Antonio gastaba chaqueta a cadros, gravata e un bigotiño moi recortado ó estilo da posguerra.

Eu asimilei as leccións de D. Antonio sen darme conta, sen querer, de feito é agora cando as lembro con maior precisión. Ata este momento non era consciente de que estaban aí na miña memoria. Con todo a carón do alegato pacifista do meu querido mestre, Deus o teña na gloria, aparece estes días con insistencia un recordo de 4º de EXB nas miñas lembranzas. Era xa primavera, e pola tarde decidimos o Lebre, Fernando e mais eu ir dar unha volta polo Parga e non ir a clase, tal cal o de Tom Sawyer e mailo seu inseparable Huckleberry Finn polo Mississipi abaixo. Pois ben, ó día seguinte, cando chegamos a aula e nos sentamos D. Antonio, estivo un pouco calado, logo chamounos ós tres un por un e cunha variña que tiña de canavela deunos uns zostregazos no cu que para que. Non dixo nada, e eu pensei para min ¡carafio para o diálogo da xente civilizada!!! Co tempo aprendín que ás veces hai que petar na mesa ó tempo que se bota un coño airado.

Non sei, acordeime de isto fai uns días, cando comezaron a saír tódalas noticias do pai que secuestrou á filla e xa saben, do outro que violou e embarazou a unha nena e tamén xa saben, deste que lle tirou un osiño a unha nena para que fora... Non sei acordeime de D Antonio, da vara de canavela e do meu cu dorido tras aquela sesión matutina de diálogo escolar.
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Un feiral en cada pobo: Cada cidade e pobo importante de Galicia cóidase con dereito a ter un políg...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información