Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Compartir!

lunes, 26 de mayo de 2008
A Festa do Corpo do Señor, que se mantén viva na cultura occidental cristiá, fálanos de pan e de viño, símbolos da vida, alimentos esenciais para a subsistencia humana. Pan e viño que sobre/abondan no primeiro e rico mundo e escasean nos outros cando seguen a ser elementos esenciais de toda mesa humana. Para os cristiáns e persoas de boa fe é chamada a compartir

Un proverbio hindú afirma: ”todo o que non se da, pérdese”. No rural aínda concretan máis e mellor: “O pan que non se gasta, podrece” Que vén a ser “o pan que non se da, reparte ou comparte, estrágase”. Todo isto ven a conto nesta sociedade egoísta e consumista que chega a tirar o leite, a carne e a estragar o pan con tal de que non baixen os prezos no mercado.

Compartir o pan (¡todo pan!) co pobre, co inmigrante, co famento ou sedento é un mandato do Evanxeo. Doutro xeito é profanar o Corpo do Señor, que segue a estar nos pobres, excluídos, os auténticos vigairos de Cristo na Terra, como deixou dito Xesús: “¡Os pobres están (terédelos) sempre convosco!”. “O que fagades con cada un deles, estades a facermo a Min”.

Cáritas recordárnolo, de novo. “Os dereitos humanos son universais; o único que nos diferenza son as oportunidades”. As desigualdades seguen. As de xénero e as outras. As mulleres fan un 70% do traballo e págaselles un 20% menos. Por riba, non se lles recoñece nin agradece. Cómpre traballar por implantar a xustiza. O noso compromiso é compartir o pan cos excluídos (¡tamén cos xitanos!) con aqueles aos que se lles nega ou atropela a súa dignidade de persoas. O cristián debe ser fermento da fraternidade. ¡Quédanos moito pan que repartir e compartir!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información