Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Membros e membras

jueves, 12 de junio de 2008
Circula por internet un presunto currículum da ministra máis nova da historia que o Presidente de Zapatero elixiu para que levase adiante a súa política relativa á Igualdade entre o home e a muller.

O bautismo político da xovencísima señora Ministra non puido ser máis soado cando saca a relucir a palabra “membra” para designar ós compoñentes femininos da Comisión/Comisiona do Congreso/Congresa dos Deputados/Deputadas con sede na capital do reino/reina.

Se pretendía facer favor á causa da igualdade, flaco favor resulta co pitorreo que se arma por parte de académicos, informadores, políticos e pobo votante, que entenden que o tema igualitario non radica nos bautismos esperpénticos senón en medidas moito máis lentas e profundas que cambien xeitos e establezan pautas de pensamento e comportamento consontes coa realidade actual e coas tendencias igualitarias que imperan no mundo civilizado.

Nomear unha ministra noviña para un tema novo está ben, pero o nomeador está exposto ás novatadas que non sempre son culpa do contorno senón que ás veces o/a novato/a enrédase el/ela solo/sola, de palabra ou de obra.

Neste caso foi de palabra/palabro. A Señora Ministra vai ter desde agora na súa carreira política o sambenito da “membra”, que algún día pode costarlle caro. En tanto, é unha broma. Pero as bromas, en política, poden ser moito máis caras que as veras.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información