Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Y tal y tal

martes, 17 de junio de 2008
Que grandes tipos os romanos! Que organización! Coas súas vías, os seus exércitos, o senado, o dereito, o latín, as murallas, os acuedutos, as vilas fermosas, os mosaicos, a súa arte, a literatura, os seus mitos… pero, coincidiran comigo, que grandes tipos estes romanos! A frase, xa sei, soa un pouco a Asterix e Obelix, pero que lle vou facer, é así, e eu canto máis os estudo máis admirado me teñen. Que tipos! Parece mentira e xa vai para dous mil anos e eu aquí, aberto do peito que diría María de Seixo, suspirando por uns homiños co peito de lata. O que non sabe moita xente e que foron os inventores do slogan publicitario “déjenos pensar por usted” non se rían que isto que lles conto, aínda que soe a anuncio de lavadoras, é verídico e ademais certo. Eles non o dicían con estas palabras, así e todo eran uns tipos con clase, ¡sabían latín! A eles gustáballes repetir aquilo de “panem et circenses” xa saben, pan e circo, ou amandi e cachucha ou incluso, se me apuran a tradución, birra e cachondeo, moito máis literaria e actual.

Sei o que están pensando: xa está aquí este cos seus desbarres clásicos, coma se nos non souberamos historia, ¿pero a onde quererá ir parar este pobre infeliz?. Teñen razón, xa me centro, vexamos: se eu lles digo “Villa, Villa, Villa maravilla” ou ¡que Viiiiiilla España! (cántase coa música de célebre pasodobre de Manolo Escobar e coa cara de Alfredo Landa interpretando a un emigrado en Alemaña), ¿a que saben de que estamos falando? Pois iso mesmo, estamos falando de Paña, da selección nacional, de Luis Aragonés “y tal y tal” e do título intergaláctico (y cierra Europa) que xa case temos no peto. Si falamos de iso e falamos tamén de pan e circo e de “déjenos pensar por usted” E falamos dunha xente cabreada de folga que non chega a fin de mes que non pode prender o camión ou o barquito chiquitito, falamos diso tamén. E de miles de consumidores cabreados que levan xa unha temporada longa a espaguetes con salsa de tomate. Falamos diso, créanme, pero non pasa nada porque mentres teñamos o furbor a cousa aínda se sostén.

Recemos para que Paña siga gañando partidos, aínda que sexan de penalti inxusto e no último minuto, porque en canto sexamos eliminados da eurocopa entón si que se vai notar a desaceleración, ou a crise, ou como coño se chame isto que nos vén encima.
Pan e circo. Pero que tipos estes romanos!
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información