Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vicepresidencia intervencionista

lunes, 07 de julio de 2008
A Xunta ven de aprobar o proxecto de Lei de Servizos Sociais de Galicia, no que non figura a obrigación de que os concellos destinen o sete por cento do importe dos seus presupostos a estes temas.

Cando se soubo a intención da parte do Bng gobernante na Xunta, que ten por cabeza visible ó Vicepresidente Quintana, a Federación Galega de Municipios e Provinciais alzou o berro ás alturas máximas, por entender que ningún organismo autonómico pode obrigar ós concellos a efectuar unha determinada distribución das súas partidas.

Certo que os concellos teñen unhas obrigas elementais en relación cos seus cidadáns, obrigas que comprenden servizos mínimos de comunicacións, de alumeado, abastecemento de augas, cemiterios e un etcétera tan amplo como se queira, porque para eso os concellos son a administración máis perto dos administrados, e a eles corresponden as atencións máis básicas nas que, naturalmente, caben as atencións sociais, que son importantísimas, pero nas que tamén teñen moito que ver outras administracións, neste caso a mesma Vicepresidencia que abrangue a igualdade e o benestar.

Pretender que os concellos aporten determinadas cantidades con este fin parece querer curarse en saúde en relación coas obrigas propias, e non di moito a favor dunha administración democrática, respectuosa coas competencias das demáis, que distribúen os seus presupostos con arreglo a criterios políticos, económicos, sociais e mesmo segundo as especiais características do territorio en cuestión.

Vicepresidencia replegou velas temporalmente, e adía a imposición para dentro duns anos. Pero a amenaza segue aí. O certo é que se outra administración, sexa Vicepresidencia ou sexa calquera outro departamento, pode marcar ós concellos en que invisten os seus presupostos, será o primeiro paso para facelos desaparecer. Todo intervensionismo é malo, pero se incide nos concellos peor porque son o primeiro escalón da democracia.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información