Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo por un “L”

jueves, 10 de julio de 2008
A cidade da Coruña chámase así por norma establecida polos organismos competentes, como Ourense ten ese nome, sendo os casos máis claros en Galicia de adaptación de nomes tradicionais á toponimia oficial galega.

Pero así como en Ourense deuse por bo este nome, como viña sendo utilizado xa desde sempre polos falantes galegos, na Coruña creouse un problema cando o concello pretendeu seguir utilizando os dous topónimos –con “L” ou sen ela- sendo cruzada persoal do antigo alcalde, Francisco Vázquez, a reivindicación do “L” como afrenta sufrida pola cidade.

A Mesa pola Normalización Lingüística reclamou hai xa dezaseis anos por esta pretensión municipal, esixindo o cumprimento da norma. E o tema deu para discutir, falar, negociar durante todo este tempo, ata que por fin o concello coruñés ven de acordar desistir de todos os trámites nas diversas instancias xudiciais en relación co topónimo oficial da cidade, dando por bo o nome de “A Coruña” para a cidade que foi considerada “Cabeza, guarda y llave del reino de Galicia”.

Cesa así un problema político, no que se empecinaron os que consideraban que A Coruña, perdendo o “L” perdía algo entrañable, esencial, consustancial co espírito do coruñesismo. E este movemento foi abandeirado polo populista alcalde coruñés, na actualidade embaixador do Reino de España diante da Santa Sede.

Finaliza un problema social, político e administrativo que afectaba á Coruña e repercutía en todo Galicia, e por este final hai que congratularse. Con “L” ou sen “L”, A Coruña segue a ser a cidade senlleira asomada ó Atlántico que da prestixio a Galicia enteira, e segue a ser motor esencial do porvir desta comunidade.

A “L” desaparece. Que viva A Coruña¡.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información