Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xogos infantís

miércoles, 16 de julio de 2008
Na miña casa vilalbesa había un gato polo que eu tiña predilección para, colocado nos barrotes inferiores dunha silla, pasealo por toda a casa animándoo –daquela, aínda en castelán- a que disfrutara do paseo porque “iba en coche”. A saber a idea que eu entón tiña, con tres ou catro anos, dos case inexistentes coches e do papel do gato na casa.

O caso é que o gato non tardou a pasar a mellor vida, supoño que en parte polo trato itinerante que eu lle daba. Dígoo agora sen temor a que ningunha asociación de defensa dos animais me incrimine, porque a falta se é que existiu está plenamente prescrita polo máis de medio século transcurrido desde entón.

Lembrei o feito ó comprobar a facilidade que o meu neto Pablo ten para entreterse coas cousas máis impensables: o cargador do móbil da para máis dunha hora de entretemento; un cable triple para conexións de sons, para media mañá; un aparato de radio, conectado ou non, para un día tras doutro.

Que máis da que como agasallo reciba un tras doutro xoguetes a cada cal máis orixinal polos motivos máis dispares. Un boneco, unha pelota, unha pequena tenda de campaña, un cabaliño de madeira son momentánea ledicia pero ó momento resultan esquecidos por unha pedra, unha herba (xa non digamos unha flor), un bote de loción ou calquera dos infinitos mandos dos artiluxios audiovisuais, sen despreciar naturalmente as fermosas tapas dos seus preparados alimenticios.

O día en que os fabricantes de xoguetes descubran o poder dos obxectos de andar pola casa, o mercado xogueteiro sufrirá unha revolución e os nenos, por fin, xogarán co que verdadeiramente os entretén. Porque o mellor de todo, o único que importa, é a ilusión que poñen nos seus xogos. E esta, está garantida. Con calquera cousa.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Loitando contra da crise: As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben p...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información