Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A voltas co idioma

jueves, 31 de julio de 2008
De novo, o idioma enfrenta en lugar de unir. De novo, a voltas co idioma.

En tempos lonxanos dos que só os máis vellos gardan memoria, o idioma galego era o idioma da cultura, do combate, da loita, dos campesinos e dos mariñeiro. Eran os anos sesenta, setenta e oitenta.

Logo o idioma tivo recoñecemento, comezouse a impartir no ensino, entrou en círculos ata entón case vedados, e coidamos que o tema estaba resolto.

Pois non: Un cuarto de século despois, segue a enfrontarnos o idioma. Hai quen propugna un só idioma para todo o estado español –Manifiesto por la lengua común- pedindo que sexa o castelán o único que teña status de legalidade e vixencia. E por pura hixiene mental nace en Galicia un “Manifesto a prol da convivencia lingüística e da igualdade de dereitos para o galego”.

Pero o tema está legalmente resolto xa que existe a cooficialidade dos dous idiomas sendo os dous legais, reais, presentes, na nosa vida cotiá, na nosa vida.

Preocupación debera despertar esa noticia de que case a metade dos galegos (47,4%) non coñece ningún idioma extranxeiro, neste mundo global no que cada idioma coñecido é unha riqueza persoal e social innegable.

Darlle voltas ó tema do idioma, a estas alturas, é rizar rizos que non precisan mención. Todos temos moi claro que para falarmos entre nós, entre os galegos e en Galicia, temos un idioma propio. Para relacionarnos coas xentes de máis aló das serras orientais de Galicia, o castelán. E para andar polo mundo, cantos máis idiomas, mellor.

O resto, son andrómenas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información