Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Foz, Vila

lunes, 04 de agosto de 2008
O día seis de agosto, cúmprense os 120 anos da declaración de Foz como Vila. Foi unha concesión que a Raíña rexente, María Cristina fixo ó noso pobo.

O Gobernador Civil comunicaba a nova deste xeito ó concello: “ El Exmo. Sr. Ministro de la Gobernación, con fecha 7 del actual, me dice lo que sigue: La Reyna Regente del Reyno, en nombre de S.M. el Rey (Q.D.G.) se ha dignado expedir por este Ministerio el R.D. siguiente: Queriendo dar una prueba de mi Real aprecio al pueblo de Foz, provincia de Lugo, por el aumento de su población, desarrollo de su agricultura, industria y comercio y su constante adhesión a la Monarquía Constitucional, en nombre de mi Augusto hijo el Rey Alfonso XIII y como Reyna Regente del Reyno, vengo en concederle el título de Villa. Dado en San Sebastián a 6 de agosto de 1888. María Cristina. El Ministro de Gobernación, Segismundo Moret”,

Dende o ano 1845 a familia Real pasaba os veráns en San Sebastián, e polo tanto a acción de goberno trasladábase a aquela cidade; precisamente este feito marcou o despegue turístico da mesma pois aínda naqueles tempos de tan precarios medios de comunicación era incesante a chegada de personalidades do estado e do extranxeiro para despachar os mil asuntos coa realeza e co goberno español.

Decidido pola familia Real fixar para a tempada estival a residencia naquela cidade norteña, ó seguinte ano - 1889 - iniciáronse as obras de construcción do fermosísimo Palacio de Miramar – de estilo inglés - que acollería cada verán a todo o séquito, e dende hai anos motivo de visita para cantos turistas chegan a ela. A edificación do mesmo durou catro anos. A singular beleza do lugar non só ven definida polo artístico edificio, senon tamén polos cuidados xardíns que o arrodean, formando a chamada “área romántica”.

Os focegos “acogieron tan fausta nueva – a de título de Vila - con indescriptible satisfacción y entusiasmo general por el vecindario y parroquias… “

Houbo na igrexa un Te Deum de gracias, ó que asistiron autoridades, representacións e veciños e tamén outros “festejos cívicos”.

Descoñecemos en qué consistiron éstes, pero sí sabemos o que se gastou neles: 70 pesetas.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información