Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cregos monumentais

miércoles, 27 de agosto de 2008
Gracias a moitos cregos, houbo cultura nas parroquias rurais nos anos sesenta e setenta. Gracias a moitos cregos, progresou o rural cando os seus curas facían de transportistas, xestores, axentes de extensión agraria, e outras cousas máis, naturalmente sempre de xeito gratuíto.

Tamén houbo cregos que, ignorantes ou a conciencia, venderon santos e outros obxectos das súas parroquias con indubidable valor artístico, para mercar modernas imaxes, facer amaños ou con calquera outro fin, pero foron os menos. Boa parte dos cregos, mentras houbo un crego por parroquia – agora ven haber un por cada cinco e ata por cada oito- foron importantes elementos de promoción social, ademáis do seu principal papel no terreo da fe.

Na actualidade e sempre, os cregos teñen ó seu cargo o importantísimo patrimonio monumental da Igrexa, e todo o que eses monumentos conteñen, polo que sempre resulta interesante a súa posta ó día non só no que atinxe á lexislación sobre patrimonio senón tamén sobre – o que é máis importante –a sensibilidade precisa para afrontar os temas que teñen relación con ese patrimonio colectivo e por eso moitas veces menos valorado, que herdamos dos devanceiros e temos o deber de transmitir íntegro, acrecentado, ós que veñan despois de nós.

Por iso, moi ben está a iniciativa da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural, da Consellería de Cultura e Deporte que, en colaboración co Bispado de Ourense, vai celebrar na cidade das Burgas un curso sobre patrimonio dirixido a cregos. Seguro que será froitoso para todos os ourensáns, como sen dúbida terá continuidade no resto das dioceses galegas.

Hai, houbo e haberá, cregos monumentais que saiban exercer o seu ministerio por riba de crenzas, ideoloxías, e adversidades, tendo en conta que o seu ministerio pode ser – é – moito máis amplo do que moitos cren. Mesmo do que moitos cregos cren. E está moi ben que a Dirección Xeral de Patrimonio – á fronte hai un técnico que sabe o que fai e o que representa a nosa monumentalidade – faga fincapé neles para mellor defender o que é propiedade de todos os galegos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Cada vez máis urbanitas: Unha vez, Galicia foi rural. Durante moitos séculos. Pero os estilos de vida...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información