Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Debates do estado

martes, 16 de septiembre de 2008
Debatir está ben, se hai debate. Pero as máis das veces non se debate senón que se discute. Ou se fala sen escoitar o que di o outro, porque a pura aritmética é a que expresa quen gañou ou perdeu, quen tivo ou non razón, quen superou o debate.

Comezou esto dos debates como expresión democrática no Congreso dos Deputados. Unha vez ó ano, acudían os deputados a examinar o “Estado da Nación”. Unha vez ó ano o Presidente do Goberno expón o que considera logros do seu goberno no período que se examina, e os líderes dos grupos políticos representados na Cámara rebaten as súas palabras co resume do que consideran que estivo mal.

Logo, viñeron as autonomías. O debate do estado da autonomía é un remedo a escala de rexións e nacionalidades do que se efectúa en Madrid para o goberno do Estado.

E por fin, por agora non hai máis para donde ir, está o estado do Concello, que está regulado por Lei nas grandes cidades, e que a cidade de Lugo vai celebrar o próximo día vintedous.

Abre o Alcalde, falan logo os representantes dos grupos municipais, de novo o alcalde e seguen os outros grupos, e pecha o alcalde. E esto, unha vez cada ano que non sexa electoral.

Os debates, en sí, son bos. Está ben debatir, falar, razonar, sobre as cousas do común. Se encima, os debatentes en calquera dos debates, escoitasen o que din os demáis e procurasen achegar posicións, sería perfecto. Pero esto, polo de agora, é moito pedir.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información