Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Barcos seguros

jueves, 18 de septiembre de 2008
Lonxe no tempo daquela “honra sen barcos”, máis lonxe aínda dos “barcos sen honra”, hoxe Galicia segue a ser un potencia cando de barcos se trata, a honra supónselle e ben gañada está, pero nos tempos que corren está o tema da seguridade como unha espada de Damocles suspendida sobre o sector.

Non a seguridade nos empregos e na economía, que neso o naval está situado nos mesmos niveis que o resto dos sectores económicos, sí na seguridade física das tripulacións que traballan en lugares conflictivos do planeta, expostas a todo tipo de accións e agresións.

A Administració española vai enviar un avión ó Índico para protexer ós barcos españois que naveguen ou faenen naquelas augas, nunha medida que quizáis se debeu ter tomado hai moito tempo, aínda sabendo que é un remedio caseiro para un problema importante que hai que afrontar con decisión.

E os ollos de Europa diríxense entre curiosos e admirados hacia o presidente francés, Nicolás Sarkozy, que emprendeu unha operación de rescate dun veleiro francés secuestrado diante das costas de Somalia, con tropas especiais que en dez minutos solucionaron o conflicto.

A seguridade dos nosos barcos é un tema urxente, vital. Non se pide a ousadía sarkozyana, que tampouco as nosas autoridades nos teñen acostumbrados a esas arroutadas. Pero pídese, alomenos, atención, enerxía, protección para as nosas xentes do mar, que bastante teñen cos problemas que o mar ocasiona.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Véndese unha autopista: A primeira autopista de Galicia, a que o Bng definiu como “unha navallada á ...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información